O partido de datchball debe ter como obxectivo a diversión. Non debe importarvos se gañades ou perdedes.
Partido
Definición:
Actividade deportiva entre dous ou máis xogadores/as ou equipos.
Exemplo:
O partido de datchball xogouse no ximnasio do voso cole.
A xogar apréndese xogando
Unha das cousas que máis vos gusta cando practicades deportes é o momento de xogar contra outro equipo.
Pero isto pode implicar un compoñente competitivo no que se busca o resultado por enriba da diversión, o que non é aconsellable no deporte escolar.
Os partidos permítenvos iniciarvos no deporte que se practica, e son un medio para desfrutar xogando.
Agora é o momento de divertirse poñendo en práctica todo o aprendido sobre baloncesto e datchball.
Se queredes saber máis sobre os partidos en ambos deportes, facede clic na lapela correspondente:
Lectura facilitada
Cando practicades deportes o que máis vos gusta é o momento de xogar contra outro equipo.
Xogando nos de busca o resultado, búscase a diversión.
Os partidos permítenvos iniciarvos no deporte que se practica.
Tamén vos permiten desfrutar xogando.
É o momento de divertirse poñendo en práctica todo o aprendido sobre baloncesto e datchball.
Para saber máis sobre os partidos en ambos deportes fai clic na lapela correspondente:
Audio
O partido en baloncesto
O partido en datchball
O asubío inicial
O voso mestre ou mestra preparou o espazo para que poñades en práctica todo o aprendido da forma máis real posible, xogando partidos de ambos deportes.
Recordade que o importante non é gañar, se non aprender xogando.
Ollo ao asubío inicial e a xogar!
Lectura facilitada
O voso mestre ou mestra preparou o espazo para que poñades en práctica todo o aprendido.
Xogade partidos de ambos deportes.
O importante non é gañar, se non aprender xogando.