Glosario
Ataque
-
Definición:
-
Fase do xogo na cal un equipo ten a posesión do balón.
-
Exemplo:
-
Cando atacades, separádesvos para recibir a pelota.
Balón
-
Definición:
-
Pelota que pode ser de varios tamaños, inchada de aire, que se utiliza en varios xogos ou deportes.
-
Exemplo:
-
Ese xogador manexa moi ben o balón.
Botar
-
Definición:
-
Acción de enviar a pelota contra o chan para que rebote.
-
Exemplo:
-
O xogador realiza a acción de botar para avanzar coa pelota.
Campo
-
Definición:
-
Terreo delimitado para a práctica deportiva. Poden variar as dimensións en función das categorías.
-
Exemplo:
-
Campo de xogo.
Canastra
-
Definición:
-
Aro fixado a un taboleiro, do que pende unha rede aberta e por onde os xogadores e xogadoras intentan introducir o balón para anotar puntos.
-
Exemplo:
-
Recibiu a pelota e lanzou a canastra.
Defensa
-
Definición:
-
Fase do xogo na cal un equipo non ten a posesión do balón.
-
Exemplo:
-
Cando defendede procurades arrebatarlle o balón ao equipo contrario.
Desmarque
-
Definición:
-
Acción que consiste en afastarse da marca dun ou dunha rival, ocupando un espazo libre.
-
Exemplo:
-
Fixo un desmarque e despois recibiu o balón.
Marcaxe
-
Definición:
-
Acción que consiste en controlar e dificultar os movementos dun xogador ou xogadora rival co obxectivo de non darlle vantaxe.
-
Exemplo:
-
Fixo unha dura marcaxe, pois non deixou que o atacante recibise a pelota.
Norma
-
Definición:
-
Regra ou conxunto de regras necesarias para a práctica do deporte.
-
Exemplo:
-
Coñecedes as normas antes de practicar o deporte.
Pase
-
Definición:
-
Acción técnica que consiste en intercambiar o balón entre os integrantes dun mesmo equipo a través de lanzamentos e recepcións.
-
Exemplo:
-
Non podía avanzar e decidiu pasar a pelota.
Táctica
-
Definición:
-
Acción de planificar a táctica de ataque e de defensa.
-
Exemplo:
-
A adestradora explicoulle ás xogadoras a táctica defensiva.
Técnica
-
Definición:
-
Accións ou habilidades específicas empregadas nos deportes para atacar ou defender.
-
Exemplo:
-
No baloncesto existen diferentes habilidades técnicas como son: o bote, o pase e o tiro a canastra.
.png)









