O evento
(1).png)
Chegou o día! Viviredes unha xornada deportiva solidaria na que seredes os auténticos organizadores e organizadoras do evento deportivo.
Aquí a vosa función como responsables da organización é moi importante, xa que da vosa implicación e compromiso ao longo do evento dependerá a motivación dos xogadores e xogadoras.
Recordade que o obxectivo como organizadores e organizadoras é que as persoas implicadas desfruten dunha experiencia deportiva e que a súa participación teña un carácter solidario para a asociación coa que decidistes colaborar.
Lectura facilitada
Chegou o día!
Viviredes unha xornada deportiva solidaria.
Seredes os auténticos organizadores e organizadoras do evento deportivo.
A vosa función como responsables da organización é moi importante.
A motivación dos xogadores e xogadoras dependerá de vós.
Recordade que o voso obxectivo como organizadores e organizadoras é que as persoas implicadas desfruten dunha experiencia deportiva.
Isto permitirá colaborar cunha asociación.
Todo evento debe cumprir uns requisitos que vós tiñades que ter en conta. É o momento de facer unha pequena análise de todos eles. Xa vistes que na planificación e deseño dun evento, ou de calquera outro traballo, é moi importante a organización.