Saltar navegación

Deseño de logos

Información


O debuxo técnico é esencial na creación das imaxes dos logos, como podes observar no de Braun. Imos ver como as estruturas e tanxencias nos van servir para crear logos interesantes. No logo de Braun deseñado por Will Münch en 1934 podemos observar a estrutura base ou cuadrícula que emprega para crealo. Ademais usa un exercicio base de tanxencias que é o da circunferencia tanxente a dúas rectas que converxen. Neste caso as rectas forman sempre un ángulo recto:

Tanxencia en logo
María Martín Hernández (CC BY-NC-SA)

No seguinte logo de IBM realizado por Paul Rand en 1981 (variación pictográfica do logo de 1972), se nos fixamos na abella do centro podemos observar tres exercicios de tanxencias. Nas ás vemos un posible exercicio de rectas tanxentes a unha circunferencia dada dende un punto exterior e o que viamos antes no logo de Braun. Ademais tamén vemos no corpo da abella dous enlaces entre dúas rectas paralelas.