Saltar navegación

1. Función comunicativas do deseño gráfico

Información

Segundo Gabriela Bustos Rojo en Teorías del diseño gráfico , o deseño gráfico é a acción de concibir, programar, proxectar e realizar comunicacións visuais, producidas por medios industriais e destinadas a transmitir mensaxes específicas a grupos determinados. Para obter un bo deseño é necesario saber o que se quere comunicar , elixir os elementos necesarios e facer unha composición adecuada e atractiva. Deste xeito, o deseño busca o maior impacto dunha comunicación entre a persoa emisora e a receptora por medio de imaxes e texto; o seu alcance dependerá da influencia persuasiva que exerza no público.

Pódese dividir o deseño gráfico entres grandes grupos:

-Edición: deseño de libros, revistas, etc.

-Publicidade: deseño de anuncios, carteis, etc.

-Identidade: deseño de imaxe corporativa, sinalética, etc-

 

As funcións comunicativa do deseño

Bruce Brown fala dun triángulo gráfico para representar a comunicación no deseño. Os vértices do triángulo son a persuasión, a identificación e a información, que sintetizan as funcións comunicativas do deseño: convencer, identificar e informar.

 



Busca

Elixe deseños gráficos e indica cal é a función que predomina en cada un deles. Podes buscar na páxina da revista de deseño Experimenta.