Saltar navegación

5.Identidade corporativa

Información

O deseño gráfico corporativo deseña e desenvolve os elementos que constitúen a identidade corporativa dunha marca ou empresa. A continuación imos ver algúns conceptos relacionados:

A identidade corporativa é a imaxe ou idea que unha empresa ou marca proxecta e que a diferencia doutras. É un concepto fundamental no deseño estratéxico dos produtos ou entidades:

La identidad (corporativa) es un concepto matriz, que debe definirse de manera clara y palpable, tanto para la empresa/institución como para el producto o servicio que queremos ofrecer al mercado. Para ello debemos tener en cuenta siempre el concepto paralelo de la imagen corporativaa. Es decir, el concepto de cómo percibiría el mercado esa realidad que irrumpe en un entorno determinado con la suficiente entidad propia y competitividad, entre todo lo que existe. Se trata de definir, con términos concretos y lo más materializables posibles, de dónde partimos, qué potencial tenemos, y qué queremos crear o promover en un caso concreto. (...) La identidad ya sea de cosas, personas u organizaciones se define ) y de dónde está (lugar u origen)”. Las marcas que tienen definida claramente la identidad difunden nitidamente estos conceptos:

Zara, moda, España

Deutsche Bank, banca, Alemania

Coronita, cerveza, México



García Garrido, Sebastián: Diseño de Comunicación Corporativa. Marca y Diseño Estratégico. Ed. Experimenta Libros,2018. Páx. 78-79

Tipos de identidades

Segundo Sebastián García Garrido a identidade corporativa materialízase a través de diversas identidades:

Identidade Verbal: Nomear a nova realidade. Este proceso coñecido como naming debe atender os os aspectos fonéticos, a facilidade de pronunciación en diferentes idiomas, a ausencia de connotacións negativas da palabra ou a facilidade e sinxeleza para lembrala.
Identidade Visual: crear a imaxe gráfica ou logo da identidade corporativa de xeito que a marca ou produto sexa fácil de recoñecer e de recordar. A sinxeleza e a concentración expresiva sempre son máis eficaces no reforzamento da identidade. Este apartado verémolo con máis detemento máis adiante.

Identidade Cultural: a cultura como sistema no que se relacionan as marcas ou produtos cos seus destinatarios provoca que cada vez máis as empresas fagan visibles os seus valores culturais e éticos como parte da súa identidade corporativa.
Identidade Obxectual: os propios obxectos ou produtos teñen unha identidade corporativa que serve para recoñecer a marca ou a empresa. Un exemplo son os produtos de Apple como Ipad ou Ipod cuxo deseño representa os valores da identidade corporativa.
Identidade ambiental: os espazos das marcas e empresas como lugares de venta, servizos de atención ao cliente, edificios administrativos, etc. forman parte da identidade corporativa. A expresión “arquitectura corporativa” para referirse á identidade ambiental materializa a importancia de como os usuarios perciben e usan ou desfrutan dos espazos.


A identidade corporativa engloba toda a comunicación e a estratexia global da marca ou empresa, dende o uso de logos, carteleira, publicidade ou comunicación ata os uniformes dos traballadores ou os espazos. Toda a información de identidade corporativa recóllese no Manual de Identidade Corporativa no que o deseñador gráfico recolle toda a información necesaria para que se poida desenvolver na práctica o deseño da identidade corporativa en diferentes soportes e ámbitos de comunicación.

 Nestes enlaces Ecovidrio, Sopotif, Twitter podes ver exemplos de Manuais de Identidade. Fíxate na xustificación das eleccións de logos, cores, texturas, usos permitidos e prohibidos, etc. 

Marca: é o signo ou símbolo que distingue a unha empresa ou institución.

 

Características do deseño de logos:
 

  • Sinxeleza: O logo debe ser sinxelo e transmitir a idea da empresa sen que haxa ambigüidades. Deste xeito as imaxes e palabras serán lexibles e de fácil comprensión facilitando a súa memorización.
  • Perdurabilidade: O logo ha de ser o máis perdurable posible no templo polo que hai que evitar modas que sexan moi efémeras.
  • Orixinalidade: Ha de ser o orixinal e creativo para diferenciar con claridade o produto ou marca, facendo un uso adecuado das cores e texturas e tendo a súa adecuación para diferentes soportes e impresións.
  • Pregnancia: o logo debe ter a capacidade de ser asimilado e lembrado con rapidez e facilidade, por iso é importante a harmonía e simplicidade da composición.
  • Escalabilidade: Ten que poder adaptarse a diferentes tamaños e escalas sen perder a súa efectividade ou lexibilidade.
  • Representatividade e relevancia: o logo ten que representar e reforzar a imaxe da marca. Ao mesmo tempo vai dirixido a un tipo de público determinado para o que deberá ser relevante e atractivo.

Le e escribe

Nesta páxina podemos ver exemplos de logos moi coñecidos comentados. Despois de ler a información, escribe no teu caderno cales son os mellores logos para ti seguindo as características que comentamos anteriormente:

  • Sinxeleza
  • Perdurabilidade
  • Pregnancia
  • Escalabilidade
  • Representatividade