Ler unha imaxe significa poder entender a mensaxe que transmite e recoñecer os procedementos empregados na súa creación. As imaxes poden ter un discurso denotativo, centrado no conxunto de formas e significantes que hai nelas, e un connotativo, relacionado co significado simbólico, cultural e individual.
Para elaborar un comentario de análise dunha imaxe publicitaria, dun cartel ou de calquera elemento de deseño gráfico cómpre atender a unha serie de aspectos que sinalamos a continuación:
Tipoloxía e características: cartel, portada de revista ou libro, logotipo, papelería, embalaxe, etc.
Destinatarios: a quen vai dirixido o produto.
Contexto (real/irreal)
Personaxes: idade aproximada, sexo, novel sociocultural, aspecto (vestimenta, peiteado...), actitude e postura, etc.
Escenografía: contexto real ou irreal.
Grao de iconicidade da imaxe: nivel de semellanza co obxecto ou persoa que representa: a maior parecido, maior grado de iconicidade e, polo tanto, máis recoñecible; simplicidade/ complexidade; breve descrición da escena.
Tipografía: análise do texto e tipo de letra, tamaño, cor, xerarquía, textura.
Formato de imaxe: tamaño, orientación vertical/horizontal; formato cadrado, rectangular...
Encadre
Tipo de plano:
Gran Plano Xeral (G.P.X.), Plano Xeral (P.X.), Plano Enteiro (P.E.), Plano Medio (P.M.), Plano Tres Cuartos ou americano (P.A.),Primeiro Plano (P.P.), Primeirísimo Primeiro Plano (P.P.P.) Plano de detalle (P.D.),Plano conxunto.
Angulación: normal, picado, contra picado, cenital, nadir, rasante, inclinado, en escorzo ou aberrante.
Escala e proporción
Cor: matiz, saturación, luminosidade, harmonías (monocromáticas, análogas, complementarias...). O uso da cor pode ser funcional- para reproducir a cor real-, atencional - para atraer a atención- ou semántico-facendo uso da psicoloxía da cor, por exemplo.
Iluminación: natural/artificial, directa/indirecta, situación da fonte de emisión (frontal, cenital, lateral, contraluz, etc.)
Dimensión: profundidade, distancia e perspectiva.
Ritmo: liñas, formas, dinamismo ou equilibrio da composición.
Técnicas artísticas e texturas: emprego de puntos, liñas, tintas planas, colaxes, tramados, monotipos, etc; Texturas táctiles (con diferentes tipos de papeis, por exemplo) ou visuais (repetición de módulos).
O tempo: inexistente (arte románica), detido (instantánea), múltiple (cubismo), real (arte cinético), asumido ou secuencia, etc.
Elena Samartino. Cartel para Dúplex. Mariscal(CC BY-NC-SA)
3. Elementos compositivos
Elementos estruturais da composición
Leis da Gestalt
Fondo/figura
Nivelación/aguzamento
Peso visual de cada elemento da composición.
Organización das formas e coherencia estrutural
Equilibrio/inestabilidade: segundo o peso visual dos elementos e as direccións da composición podemos obter un resultado equilibrado ou desequilibrado. O equilibrio pode ser estático, se resulta unha composición simétrica ou co mesmo peso visual nos dous lados do eixe de simetría imaxinario, ou dinámico, se se dispoñen de forma asimétrica os elementos. Podemos distinguir dous tipos de composición:
Estática: simetría de elementos, unidades regulares.
Dinámica: diversidade de elementos e relacións visuais, xerarquización dos elementos desiguais, contraste, ritmo, etc.
Situación do texto da imaxe (subordinado, dominante, en equilibrio...)
Identificación do titular, corpo de texto, sinatura.
Función do texto: de ancoraxe (limita o poder significativo da imaxe reducindo a polisemia), de relevo (intercalar texto e imaxe), independente, redundante, complementario, xerárquico, etc.
Elena Samartino. Exposición Pepe Gimeno(CC BY-NC-SA)