Familia tipográfica
É un conxunto de tipos de letra que comparten trazos comúns en canto ao deseño, pero que presentas características propias. A maioría de familias tipográficas inclúen as maiúsculas e minúsculas, os signos de puntuación e os elementos os elementos non alfabéticos como os números. Moitas tamén inclúen as versalitas, que son como as maiúsculas pero de tamaño similar ás minúsculas.
Interliñado
É o espazo en branco entre liñas. Tamén se coñece como espazo vertical.
Espaciado, interletrado ou interletraxe (Tracking)
É o espazo entre as letras, o espazo horizontal en branco que ten cada tipografía.
Interletraxe de fontes ou Kerning
É o espazo que existen entre determinadas letras consecutivas, xa que non todas encaixan do mesmo xeito. Cando se elixe unha fonte tipográfico hai que comprobar que teña unha boa interletraxe. Por exemplo o a e o v ou o w poden quedar moi separados e isto produce unha mala impresión, motivo polo que convén axustalas.