Información
INSKAPE
É un programa gratuíto e de código aberto de gráficos vectoriais semellante a Illustrator ou Corel Drawn. O formato principal de arquivos é .SVG pero tamén importa e exporta outros tipos. Está dispoñible para Windows, Mac OS, Linux e FreeBSD.
As imaxes vectoriais, a diferenza das JPEG ou GIF, PNG ou BMP que se compoñen de píxeles, poden ampliarse ou modificarse sen que perda calidade polo que son moi útiles para deseños, como por exemplo logos, que requiran ser reproducidos en diferentes tamaños. Con Inkscape tamén se poden crear gráficos vectoriais a partir de fotografías.
Neste vídeo podemos ver unha explicación básica de Inkscape:
Elisa Dedibujo. Tutorial: empezando con Inkscape (CC BY)
E neste temos unha explicación máis completa
MediaLab UGR. Introducción al diseño de gráficos profesionales con inkscape (CC BY)
Descarga de Inkscape
Outros programas comerciais de edición vectorial son Adobe Illustrator ou Affinity Designer dos que podemos aprender máis nos seguintes enlaces:
Tutorial básico de Adobe Illustrator
GIMP
Gimp é un programa de manipulación de imaxes (GNU) con versións para Windows, Mac e Linux. E gratuíto e de código aberto, polo que pode ser unha alternativa aos programas de pago Photoshop
Enlace a titorial de GIMP.
Descarga de GIMP
Na páxina de deseño gráfico Imborrable podes ler un artigo sobre os programas máis habituais e na súa canle de Youtube podes ver un vídeo sobre o tema.