Saltar navegación

Actividade

Practica

1. Observa os seguintes logos de Fila e Nike e comenta que exercicios de tanxencias se poden identificar.

 

2. Crea un logotipo: despois de analizar os exemplos vistos anteriormente, deberás deseñar un logotipo. Fai bosquexos de busca de forma e cor e a arte final. O logotipo ten que introducir algunha tanxencia no deseño. 

No blog de Artes do IES Monte Castelo podes ver un exemplo de como se deseña un logo e a imaxe corporativa dunha marca ou organismo.

Aquí tes un enlace a cursos para poder crear logos con Inskape.

Logo

Diego Carreño. INKSCAPE LOGO 3 (CC BY)

Ampliación

1. Fai un comentario deste bosquexo de logo: forma, composición, tipo de logo, tipografía, significado ou idea que transmite, etc.

2. Elixe e aplícalle diferentes cores e comenta os diferentes resultados.

Bosquexo de logo

María Martín Hernández (CC BY-NC-SA)