Tipografía sen serifa ou de pau seco
Carece de remates decorativos ou serifas. Os trazos son uniformes e con poucos contrastes.
É moi empregada no ámbito comercial porque é adecuada para imprimir carteis ou publicidade con pouco texto. Tamén son indicadas para o seu uso en pantalla ou textos que teñan un tamaño pequeno, aínda que se é un texto moi longo pode resultar monótono. É un tipo de letra caracterizado pola súa neutralidade, que connota modernidade e seguridade.
Algúns exemplos de tipografía sen serifa son Arial, Futura, Helvética, Gotham, Verdana.

Elena Samartino CC BY NC SA
Tipografía con serifa ou Roman
Presenta remates ou remates nos extremos dos trazos. É adecuada para textos longos xa que o remate crea unha liña invisible de lectura que a favorece; por este motivo é recomendable usala para persoas con dislexia. No deseño gráfico considéranse clásicas e tradicionais e inspiran seriedade.
Algúns exemplos de tipografía con serifa son Times New Roman, Garamond, Curier, Palatino, Book Antigua, etc.

Elena Samartino CC BY NC SA
Manuscrita, script o cursiva
Imitan a caligrafía manuscrita. Poden ser difíciles de ler porque os trazos adoitan ligarse entre si. É unha caligrafía que transmite máis emoción e proximidade e resultan ao mesmo tempo clásica e elegante.
Exemplos de tipografías manuscritas son Beckham Script , Parisienne, kikuri, Handster, Lote Santos...

Elena Samartino CC BY NC SA
Tipografía decorativa
Non segue un modelos xa que está deseñada para resultar diferente e única. Esta é unha tipografía moi expresiva que chama moito a atención. Non é recomendable para parágrafos, pero si para textos moi curtos ou para logos.

María Martín Hernández (CC BY-NC-SA)