2.Ámbitos do deseño gráfico
Información
Deseño multimedia e deseño web
É un ámbito no que participan varios campos do deseño gráfico, xa que integra aspectos visuais e textuais e de son moi variados. Adquire moita importancia o deseño da interactividade do usuario e da navegabilidade, polo que existe unha especialización de deseño gráfico de interface de usuario.
Deseño de editorial
É un ámbito moi amplo que abarca aspectos de composición e maquetación de diversos tipos de publicacións como revistas, libros ou diarios.
Deseño de publicidade
É un ámbito centrado na comunicación persuasiva que pode empregar soportes moi variados como as vallas publicitarias, os catálogos, revistas e diarios ou as páxinas web.
Deseño de identidade corporativa (branding)
A súa función é a creación dunha imaxe de marca que axude a identificala e que transmitas a súa filosofía e os seus valores. Este ámbito inclúe o deseño de logotipos, a creación de lemas corporativos ou a elaboración do manual de identidade corporativa.
Deseño tipográfico
É unha aplicación que atopamos en todos os ámbitos do deseño onde hai mensaxes escritos. A tipografía, como veremos no apartado correspondente, é fundamental na comunicación visual..
Deseño de embalaxe (packaging)
Céntrase no deseño de embalaxes, bolsas ou etiquetas. Este ámbito ten moita importancia na actualidade xa que as marcas cada vez coidan máis todo o proceso de deseño.
Sinalética
Ámbito especializado na sinalización e nas sinais que serven de guía, de información ou de advertencia.
Cartelaría
Consiste na elaboración de carteis con finalidade habitualmente publicitaria.
Reflexión
Cal é o ámbito que che parece máis interesante? A cal che gustaría dedicarte?
Clasifica estas imaxes segundo a que ámbito do deseño pertenzan. Algunhas poden pertencer a varios.
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
- Elena Samartino CC BY NC SA
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0