Saltar navegación

Valorádevos

Valorade o voso traballo

Estades a punto de rematar todas as tarefas do observatorio. Pero para dar por finalizada a vosa contribución neste departamento aínda tedes que reflexionar sobre o voso traballo.

Consultade a folla de avaliación do traballo en grupo (tédela ao final desta páxina). Primerio,  cada quen fai para si unha primeira valoración. Despois, o secretario, con todas as achegas das vosas opinións individuais, escribe a valoración xeral do grupo. Para escribir a valoración xeral podedes debatir entre vós cal é a resposta axeitada a partir das vosas percepcións.

Cando tedes feito todo o traballo, podedes solicitar xa a vosa insignia de observadores.