Presentación do Departamento de difusión


O teu grupo acaba de chegar ao departamento de difusión. Parabéns. Este é o lugar onde o Concello trata de manter informados aos seus cidadáns e cidadás sobre a actualidade do concello e de dar a coñecer iniciativas que sexan de interese para o conxunto da súa poboación.
Dende hai tempo, existe a idea de crear un perfil nas redes específico para a información relacionadas coas boas prácticas do Concello de Vilardebit. Por exemplo: os cursos de deportes adaptados ás necesidades de todas as idades, as suxestións sobre hábitos de alimentación saudable, as campañas para a o uso responsable da enerxía, o coidado do medioambiente a través da distribución gratuíta de materiais parar a creación de composteiros, os teléfonos de axuda para a muller ...
O voso equipo, acaba de chegar no momento no que departamento está a estudar a idea. Axúdadeslles?
Neste servizo ides realizar o perfil dunha superheroína para Vilardebit.
Verdadeiro
Podedes avanzar na explicación: na seguinte sección ides descubrir máis información sobre que compoñentes están presentes nun perfil.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0