Saltar navegación

Tarefa 1. Que pasa?

Desenvolvemento

Cando entendemos unha mensaxe un dous primeiros aspectos que captamos é a situación emocional da mensaxe. As palabras escollidas como vimos no observatorio axudan a entender cal é a intención dunha mensaxe. Con todo, moitas veces as emocións descritas non están capturadas claramente pola redacción da mensaxe e forman parte de contidos que sobreentendemos e de información que non está clara.

Os sobreentendidos son habituais nas conversacións e son estudados pola pragmática. Son fonte de malos entendidos, incomprensións, dúbidas, ambigüidades e finalmente de que non podamos comunicarnos coa eficacia que queremos.

Trataremos de facerlles fronte nun entorno dixital para mellorar o noso concello.

Que vas detectar?

- cales son os motivos dunha situación, a información que está sobreentendida e cal é a que falta.

Que vas facer?

Reconstruír información a partir de datos moi escasos.

Implicacións no discurso

Que é unha implicación?

Cando estudamos a linguaxe observamos que moita da informaciń que expresamos nun enunciado non está realmente nese enunciado pero é necesaria para comprendelo. Por exemplo, se preguntamos a que hora chega o autobús? hai moita información implicada, por exemplo que os autobuses teñen un percorrido concreto, que estamos diante dunha parada de autobús ou que hai un horario que debe ser respectado. Pero tamén no momento en que se enuncia, pode implicar o enfado ante o feito que o autobús está a tardar moito tempo.

Habitualmente distinguimos dous tipos de información que non está presente de xeito explícito; son o que chamamos presuposicións e implicaturas,

As presuposicións recollen aquela información que se desprende lóxicamente dun enunciado para que sexa real.  Non queda tinta no bolígrafo, por exemplo, presupón que antes o bolígrafo tiña tinta.

As implicaturas indican aquela información que se deriva ou do significado dunha palabra ou se xeneran nunha conversación e esixen que se comprendan ou se infiran dun enunciado. Por exemplo, cando nun partido se pide a hora, estase expresando o desexo de rematar pronto ese partido nunha situación complicada.

Este tipo de fenómeno comunicativo o podes atopar a cotío por exemplo nas indirectas, nos dobres sentidos, nos comentarios con retranca ou nos chistes.

Analiza

Duración: 1 sesión
00:50
Agrupamento: equipo
3-4

Observa a seguinte conversación

Enunciador 1. Non podo chamar por teléfono dende hai días.

Enunciador 2: Os de reparacións están a facer o que poden.

Axúdate na rúbrica de observación e trata de adiviñar o seguinte tipo de información:

  • Onde sucede.
  • Quen pode ser o primeiro enunciador e o segundo enunciador.
  • Cal é o problema
  • Que emocións está a expresar o primeiro enunciador.
  • Que motiva a resposta do segundo enunciado e que pretende comunicar.

Para realizar a tarefa lembra toma nota individualmente en primeiro lugar da información que non está e despois comparte as túas impresións cun dos teus compañeiros. Finalmente, elaborade entre todos unha ficha sobre a información non expresada desta conversación.