A información do perfil define o tipo de traballo. A imaxe do perfil transmite moita información. Para chegar a ela tés que revisar como é a biografía da superheroína que estades imaxinando.
De todo personaxe non sabemos máis que o que nos explica; tamén dun perfil non podemos saber máis que o que indican as palabras que constan na súa biografía. Pero xa vimos que en calquera enunciado hai moita información implícita.
Que ides valorar? Cando pensedes a biografía da vosa superheroína ides valorar:
- A redacción dun perfil biográfico conforme a unhas normas determinadas a través dun progresivo traballo de síntese. - O carácter creativo e orixinal mesmo en textos breves traballando perspectivas diferentes para clarificar ideas e definir intencións comunicativas. - Os procesos de atención e os compoñentes simbólicos e resonancias socioculturais da construción dunha personaxe virtual. - Os recursos lingüísticos propios da expresión literaria para captar a atención.
Que ides facer? - Redactar a biografía para a rede social do concello da vosa superheroína.
Tarefa. A biografía
Duración: 1 sesión
50:00
Agrupamento: equipo
3- 4
De todo personaxe non sabemos máis que o que nos explica; tamén dun perfil non podemos saber máis que o que indican as palabras que constan na súa biografía. Pero xa vimos que en calquera enunciado hai moita información implícita.
Nesta tarefa imos redactar a biografía da superheroína do noso proxecto. Esta biografía é moi importante porque vai deixar claro o que queremos transmitir, os valores que vai ter, as súas características, entre outros datos.
Para inspirarte, podes revisar perfís de superheroes e superheroínas que lembres ou mesmo probablemente coñeces os xogos de cartas nos que figuran diversos personaxes con algunhas das súas características.
No mundo das redes a atención é moi limitada. Un dos aspectos que deben ser coidados é un texto que aparece en moitas delas como texto de perfil. A rede bule-bule non é unha excepción. Os expertos do Concello estudaron que non se destinan máis que uns poucos segundos (uns tres de media) a entender a biografía dun perfil. Con todo, son uns poucos segundos decisivos. Tamén e un texto que a miúdo sirve de referente para os buscadores. Como imos chegar a construír un texto tan breve que sexa exitoso? Imos ir por fases.
Elaborar un bo perfil consiste fundamentalmente en presentar unha personalidade (como é?), a súa actividade na rede (que fai?) e que a converte en especial (por que é distinta?). Na primeira fase (Fase A) imos facer unha chuvia de ideas e imos crear unha historia para a nosa heroína. Na segunda fase (Fase B) imos crear unha carta de personaxe da nosa heroína para desenvolver doutro xeito a súa biografía. Esa carta vaivos permitir ter unha perspectiva distinta do mesmo personaxe e debería servirnos para definir características esenciais. Na última fase (Fase C) escribiremos a biografía e a conectaremos co proxecto que definimos na anterior tarefa.
Fase A.
Fase B. Imaxina a túa superheroína como unha carta. Nesa carta vas a indicar os seguintes dez compoñentes:
Misión.
Superpoder:
Lado humano:
Habilidade particular:
Lugar onde lle gusta distraerse:
Tipo de comida preferida:
Xesto que máis noxo lle causa:
Momento do día no que mellor se sinte:
Frase que lle gusta pronunciar:
Méritos e logros.
Fase C
Agora tedes unha idea clara das características da vosa superheroína. O traballo feito é de axuda para entender ben a personaxe creada pero agora non é cuestión de coñecer a vosa personaxe senón de dala a coñecer. Os obxectivos principais dun perfil é definir o relevante dunha a identidade e conseguir conectar co público ao que se vai dirixido. Non precisas incluír aspectos que non sexan do interese como non é aconsellable que reclames directamente a atención.
A partir do reunido nas fases A e B e con coherencia coa información que tés do seu perfil:
Delimita o perfil de público ao que vas ir dirixido. Non debe ser todo o Concello senón un sector concreto para poder afinar mellor o tipo de mensaxes que van ser necesarios e a linguaxe que vas empregar.
Define para ese público como pode ser posible captar a súa atención. Reflexiona cales poden ser os intereses, que aspectos poden buscar a súa complicidade ou que datos o sorprenderan.
Clarifica respecto o labor da túa superheroína que é o de maior interese, que aspectos deben aparecer obrigatoriamente. A linguaxe é suficientemente atractiva?
Falade entre vós e tratade de chegar a un acordo que combine ideas e intuicións de todos. E mesmo quizais mentres compartides as vosas ideas poden xurdir frases ou mesmo un texto mellor non previsto. Aproveitádeo.
Ten en conta que a linguxe nas redes a miúdo emprega comparacións, metáforas ou xogos verbais. Os seguintes exemplos poden servir de ilustración: "Aprender sin pensar é inútil; pensar sin aprender, perigoso"; "Uso o poder de sorrir"; "Enredado nesto"; "Escribir aquí é imprescindible como o chocolate"