Saltar navegación

Observatorio

Presentación do observatorio

banner do servizo de observatorio do concello de vilardebit

Xa sabes que falamos acotío do que nos sucede ao redor. E falar sobre o noso concello, os seus servizos, as súas actividades e proxectos non é unha excepción. O observatorio da vida dixital do concello de Vilardebit atopa diariamente centos de mensaxes que falan sobre o concello. Moitos deles son positivos pero outros son negativos. O observatorio está preocupado por identificar mellor que información positiva ou negativa está presente nesas mensaxes para poder atender as necesidades da súa cidadanía, as súas opinións e o clima xeral da veciñanza.

Aceptas o reto de axudar ao observatorio a identificar correctamente as emocións nas mensaxes sobre o concello?

Estás a punto?

Que necesitas para empezar?

As actividades no concello de VIlardebit son en equipo.

  1. Esta é unha actividade en equipo. Tedes que ser catro integrantes (no caso de que as contas non saian, podedes formar grupos de tres) No caso de que non coñezas aos teus compañeiros ou/e compañeiras o primeiro que hai que facer e presentarvos.
  2. Necesitades repartir as seguintes funcións entre vós: observar, representar, coordinar, custodiar.  Lede con coidado as funcións que tedes na acta de repartimento de funcións. De non chegar a un acordo podedes sortealas. Finalmente que custodia os documentos do grupo ten que anotar os nomes na acta de repartimento das funcións.
  3. A persoa que custodia os obxectos e documentos do grupo consigue a carta de tarefas.
  4. O coordinador confirma que todos estes pasos están acadados. Podedes empezar coa primeira tarefa.

O equipo está listo?

Pregunta 1

O equipo está xa preparado para mellorar o Concello de Vilardebit?

Suxestión

Comprobade que tedes todo o material necesario para este servizo.