Saltar navegación

Defensa da cidadanía

Presentación do Servizo de defensa da cidadanía

Imaxe do Servizo de defensa da cidadanía

Que mensaxes chegan a este departamento?

En Vilardebit a cidadanía é moi activa e continuamente envía mensaxes ao Concello. Moitos deles están dirixidos ao departamento de Defensa da Cidadanía que busca que a vida no concello mellore atendendo as distintas queixas, suxestións e ideas que lle chegan dos cidadáns e cidadás de Vilardebit.

Neste departamento o voso equipo axudará ao Concello á transformar as mensaxes de queixa en reclamacións que soliciten algún cambio e propoñeredes alternativas para facer unha boa reclamación dixital.

Animádesvos?

Que necesitades neste servizo?

Imos concretar as características dunha reclamación. Así, cando teñamos que valorar as reclamacións que chegan imos saber como debería ser unha reclamación ideal para ser útil e poder achegar ao concello unha suxestión, dúbida ou algún tipo de actuación.

O voso equipo acadará os seguintes aprendizaxes unha vez rematada esta tarefa:

- Distinguir as reclamacións doutros tipos textuais.
- Recoñecer algunhas das características básicas das reclamacións.
- Adaptar os diferentes aspectos da redacción ás características comunicativas dunha reclamación, en especial unha sintaxe clara e unha corrección expresiva axeitadas.
- Empregar os coñecementos gramaticais e comunicativos adquiridos para formular propostas de mellora dun texto dun xeito cooperativo.

O equipo está listo?

Pregunta 1

O equipo está xa preparado para mellorar o Concello de Vilardebit?

Suxestión

Comprobade que tedes todo o material necesario para este servizo. Led