Que é unha reclamación?
A reclamación é un tipo de texto de uso habitual. Por exemplo, estamos facendo reclamación cando escribimos que o pavillón onde practicamos algún deporte necesita reparacións urxentes ou cando mercamos un dispositivo electrónico e deixamos por escrito que non funcione axeitadamente para pedir outro modelo.
As reclamacións están relacionados cos tipos de texto do ámbito administrativo. Lembra que os textos os podemos clasificar tanto pola súa modalidade como polo ámbito de uso; neste caso clasificamos as reclamacións polo lugar de aparición.
As reclamacións, como outros tipos de texto, deben cumprir unha serie de convencións, estratexias de escritura e requirimentos.
Imos coñecer algunhas características máis porque neste servizo imos necesitar coñecer ben as reclamacións para axudar aos cidadáns de Vilardebit a facelas mellor.
Como é unha reclamación?
Ao ser un tipo de texto influído polo seu uso na sociedade, a reclamación é un texto que conta cunhas características determinadas:
- Empregamos unha linguaxe formal: o rexistro axeitado mantén a obxectividade, coida a disposición da información, mantén un to neutro e obxectivo e evita expresións coloquiais.
- Dividimos a información necesaria en distintos apartados e sigue frecuentemente modelos establecidos.
- Organizamos a información: eliminamos os datos superfluos e ordenamos visualmente o texto.
Que información debe ter?
Para entender que información debe figurar, temos que ser conscientes de que a reclamación ten varios elementos importantes: a identificación da persoa que emite a reclamación, a descrición dos feitos e a petición realizada. Por tanto, nunha reclamación debe quedar claro:
-Importancia de de calquera solicitude dun cidadán sexa atendida
- Contidos mínimos que deben ser asegurados
- Nome de que inicia ou representante; como notificar
- Motivos
- Lugar e data
- Firma
- Órgano ao que se dirixe
Como debe estar redactada?
Para redactar correctamente debes:
- Utilizar o estilo directo
- Evitar ambigüidades léxicas e sintácticas
- Reducir a presenza de tecnicismos, abreviaturas ou fórmulas agás os casos necesarios
- Evitar a subordinación e o parágrafo longo
- Empregar correctamente os signos de puntuación
- Uso coherente e moderado da escrita en maiúsculas
Para que unha reclamación realice o seu obxectivo hai que prestar atención a:
1. A información que conteña: está toda?
2. A expresión é correcta: hai incorreccións ou usos indebidos?
3. A petición está ben definida: que se solicita?