Saltar navegación

Tarefa 3. Presentación

Reto final

O momento de presentar o voso proxecto está a punto de comezar. Imaxe de equipo


Tedes pensadas algunas características importantes da vosa superheroína e agora chegou o momento de mostralas ao servizo para que poidan apredizar todo o que levades traballado.

Tarefa final: Presentar

Duración:4 sesións
02:00
Agrupamento:equipo
3-4

Presentación

A tarefa final é presentar o voso proxecto ao Concello mediante unha presentación breve nun formato chamado Pecha Kucha que consiste en 20 diapositivas que duran exactamente 20 segundos.

Cada equipo ten que tomar varias decisións

  • Que información imos dar na presentación.
  • Como se van repartir os papeis na presentación.
  • Que soporte dixital vaise empregar na presentación.

En que consiste a técnica PechaKucha?

O seu nome está relacionado cunha palabra xaponesa que significa charla. Como técnica, unha presentación PechaKucha consiste en vinte diapositivas cada unha das cales ten unha duración de vinte segundos; a presentación dura un total de 6:40 minutos. Esta idea simple conseguiu moita difusión e é empregada en moitos tipos de eventos e situacións.

O obxectivo principal deste modo de facer presentacións é a eficacia e a claridade.

É recomendable que a presentación poida configurarse para que o pase das diapositivas sexa automático.
As imaxes empregadas teñen que ser sinxelas, directas e de gran tamaño para que os que están a escoitar a presentación poidan entender o seu significado rapidamente.
O texto está limitado ao imprescindible: unha frase curta, unha cita, unha idea. Evítanse os parágrafos explicativos extensos ou as enumeracións xa que ese discurso é memorizado e exposto oralmente.

No sitio oficial (https://www.pechakucha.com) podes atopar exemplos

Que papeis se poden repartir na presentación?

A preparación inclúe moitas funcións que han de ser repartidas; as pequenas tarefas deben ser recollidas e recoñecidas.

1. Documentación: débense recoller todas as ideas, buscar as imaxes axeitadas e exemplos de exposicións nas que inspirarse.

2. Elaboración: escoller o formato, as ferramentas, o tipo de letra e tamén, naturalmente, as ideas de cada unha das diapositivas, a información relevante e a organización interna para que a exposición flúa dun xeito natural.

2. Revisión: controlar os erros, buscar melloras e facer suxestións.

3. Presentación: repartir os momentos e decidir se todo o equipo vai participar ou só unha parella de presentadores; buscar a mellor coordinación posible.

Resumo da tarefa

Resumo da tarefa:

  • Explicar o perfil, os seus valores e a súa intención.
  • 20 diapositivas de 20 segundo..
  • Convencer do proxecto.

Apoio visual

Resumo da tarefa