Saltar navegación

Receitas de cidadanía

Receitas de cidadanía. Ingredientes e instrucións

A poboación de Vilardebit é moi consciente do coidado que debe ter co uso das redes. O concello comprobou que moitos trucos e consellos as veces son compartidas de xeito informal en mensaxes en grupo ou en redes sociais. A Casa da Cidadanía cre que pode ser unha boa idea facer recollelas e para iso creou a iniciativa de Receitas de cidadanía electrónica. Nesas receitas co formato habitual das receitas de cociña vanse presentar ideas prácticas que os cidadáns e as cidadás de Vilardebit consideran útiles para a súa vida diaría.

Obxectivos

O produto final desta sección é unha receita onde se recolla unha idea interesante para aplicar na nosa vida virtual. Nesa receita deberás amosar

- O uso seguro das ferramentas de comunicación electrónica.
- O uso correcto da lingua de forma escrita.
- O emprego creativo e lúdico da linguaxe a partir do uso orixinal das convencións xenéricas dun tipo de texto como a receita.

Receita de cidadanía

Duración:
1 sesión
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Fase 1. Que receita?
Individualmente cada un dos membros do equipo pensa nunha práctica, consello ou idea que pode ser útil e interesante compartir. Pode ser propia ou alguén que coñece pero é importante que teña experiencia directa na súa aplicación.
Todo o equipo revisa as suxestións presentadas e escolle a que considera máis axeitada para convertela en receita (pola súa utilidade, porque pode ser explicada facilmente co formato proposto, etc.)

Fase 2. Elaboración

As receitas teñen unhas convencións que cumprir que probablemente no equipo xa coñecedes: no formato está o título da receita, a información básica (ingredientes, persoas, dificultade) e por último o apartado de instrucións. Podedes consultar o documento de exemplo para obter unha idea do resultado pretendido.

Para facilitar a escritura cooperativa

Fase 3. Revisión polo resto de grupos.

Fase 4. Revisión

Se o voso equipo está animado, podedes gravar un vídeo explicando a receita elaborada ou presentala en forma de infografía a partir de modelos habitualmente dispoñibles nas aplicacións xa mencionadas na sección.

Le a seguinte receita de exemplo