Saltar navegación

Tarefa 2. Mensaxe

Ola mundo!

Habitualmente a mensaxe Ola, mundo! era a primeira que se escribía a modo de modelo en moitos xestores de publicación. Neste momento ides facer o voso equivalente a un Ola, mundo! pero da vosa superheroína. Pensade como o faría e poñédevos man á obra.

Redacción da mensaxe

Duración: 1 sesión
00:50
Agrupamento: equipo
3-4

A tarefa consiste en redactar a primeira mensaxe de presentación da Superheroína. Podedes axudarvos da biografía que tendes da primeira tarefa. Tamén esa mensaxe é unha boa ocasión para crear a primeira etiqueta da superheroína.

Que pode orientarvos?

Para redactar a primeira mensaxe debedes recapitular a información que tedes dispoñible en especial respecto á misión e o público obxectivo.

A primeira mensaxe é certo que adquire certo carácter oficial pero o ton da rede bule-bule é próximo co que podedes facer unha primeira mensaxe máis divertida e polo tanto adaptar o rexistro lingüístico. Algunhas suxestións poden ser: unha mensaxe como forma de saúdo e presentación ou sobre a intención da personaxe.
I