Saltar navegación

Relación entre formas

Información


As formas poden interrelacionarse entre si de múltiples maneiras como vemos na imaxe :

Distanciamento:as formas están separadas.

Toque: as formas tócanse.

Superposición: unha das formas crúzase sobre a outra.

Penetración: as formas están superpostas pero parecen transparentes na intersección.

Unión: as formas están superpostas pero perden parte da súa contorna dando lugar a unha forma máis grande.

Sustracción:unha parte da forma visible queda tapada pola forma invisible, é dicir, unha forma negativa superponse a unha positiva.

Intersección: as formas están como na penetración, pero só é visible a zona da intersección.                    

 Coincidencia: as dúas formas acaban sendo unha soa.

Relación entre formas
Elena Samartino. Relación entre formas (CC BY-NC-SA)