Saltar navegación

A interacción da cor

Información

A percepción das cores depende en gran medida da relación e interacción que se establece entre as cores que están próximas. Así, unha cor parece máis escura ou máis clara segundo sexa a cor máis próxima coa que interactúa.

interacción da cor
Elena Samartino (CC BY-NC-SA 4.0)



A relación entre as cores pode ser de harmonía ou de contraste. No primeiro caso as relacións entre elas son de analoxía, é dicir, hai unha relación entre as cores. Na relación de contraste non teñen aspectos comúns.


Harmonía ou analoxía de cores

Nunha composición harmónica podemos distinguir tres tipos de cores:

Cores dominantes: son as cores máis empregadas e que teñen maior uso nunha composición. Normalmente son máis neutros para que destaquen os contrastes.

Cores contraste: son as cores, xeralmente complementarias que fan de contraste.

Cores de mediación: son cores que complementan e axudan a transición entre as outras cores.

Existes varios tipos de harmonías de cores. A continuación vemos algunhas das máis frecuentes:

 


Harmonía monocromática: consiste na elección dunha soa cor, modificando a saturación. É unha elección que non ofrece contraste.

Harmonía monocromática
Elena Samartino.    Harmonía monocromática (CC BY-NC-SA 4.0)


Harmonía análoga: consiste na elección de cores que están cerca no círculo cromático.Produce máis contraste ca harmonía monocromática.

Harmonía análoga
Elena Samartino. Harmonía análoga (CC BY-NC-SA 4.0)


Harmonía complementaria: é unha elección de cores que están en oposición no círculo cromático, nun ángulo de 180º. As cores asociadas a outras complementarias ofrecen moito contraste e chaman a atención.

harmonia complementaria
Elena Samartino. Harmonia complementaria (CC BY-NC-SA)



Harmonía triádica:

Obtense con tres cores que están nunha distancia equidistante do círculo cromático situadas nun vértice dun triángulo equilátero. Posúen o contraste das combinacións de complementarios pero con máis harmonía. O aconsellable é ter empregar unha cor dominante ou protagonista e que outras fagan de mediación e contraste.

Harmonía triádica
Elena Samartino. Harmonía triádica (CC BY-NC-SA 4.0)



Harmonía tetrádica:

Consiste na elección de catro cores equidistantes que forman un cadrado imaxinario no círculo cromático. Dá lugar a combinacións con moito contraste. Como nas harmonías con varias cores convén usar unha cor como predominante, e as outra como contraste e mediación.

Harmonía tetrádica
Elena Samartino. Harmonía tetrádica (CC BY-NC-SA)