Saltar navegación

Círculo cromático

Información

O círculo cromático é unha ordenación xerarquizada das cores, que pode ser máis ou menos complexo. Para entender como é a orde cómpre primeiro aclarar estes termos:



Cores primarias: son as cores primarias da síntese subtractiva, é dicir, a maxenta, a cian e a cor amarela. No círculo cromático forman un triángulo equilátero imaxinario no que a base son a maxenta e a cian.



 Cores secundarias: son a cor verde, a violeta e a laranxa, que son resultado dunha mestura na mesma proporción das cores primarias:

 Amarela+cian = verde

Maxenta+azul= violeta

Maxenta+amarela= laranxa

As cores secundarias colócanse no círculo cromático entre as cores secundarias formando un triángulo equilátero.



Cores intermedias ou terciarias: son o resultado de mesturar en diferentes proporcións unha cor primaria cunha secundaria como acontece co azul verdoso ou co amarelo alaranxado. Estas cores están situadas entre as cores que son necesarias para a súa mestura.


Cores complementarias: son as cores opostas no círculo cromático e, como consecuencia, as que máis contrasta. A cor amarela e a violeta ou a verde e a vermella son casos de cores complementarias.

 

Círculo cromático
Intef. Círculo cromático (CC BY-NC-SA)

 

 

.

De interese

Despois de ver este vídeo de  EducaThyssen sobre a teoría da cor fai un esquema coa información máis relevante.

a cor