Saltar navegación

5. A cor

Información

PROPIEDADES DA COR

As propiedades ou características da cor son aquelas que a definen e a particularizan:

Tono ou matiz: é o que chamamos comunmente cor e que distingue unha de outra.

Saturación ou cromaticidade: é o grao de pureza ou intensidade da cor. Canto máis pura, máis saturación.


Luminosidade ou brillo: é o grao de claridade dunha cor; se esta ten máis mestura de branco será máis luminosa e se ten máis cantidade de cor negra será máis escura.

Neste vídeo e nesta explicación de  GCFAprendeLibre atopamos unha sinxela explicación das propiedades máis salientables da cor.

CORES CÁLIDAS E FRÍAS

Cores cálidas: son as cores laranxas, vermellas, amarelas. Dan sensación de calor, alegría, vitalidade. Son cores que producen o efecto de que se expanden, polo que parece que se aproximan ao espectador e que son máis grandes.


Cores frías: son as cores azuis, amarelas, violetas. Producen sensación de frío, frescura, profundidade, tristeza, nostalxia. Son cores que parecen alonxarse e as superficies parecen máis pequenas.

CORES CÁLIDAS E FRÍAS
Intef. Círculo cromático (CC BY-NC-SA)

As cores poden resultas cálidas ou frías dependo da mestura que teña e das que estean ó seu redor. Por exemplo un verde amarelo será máis cálido que un verde azulado.


Se se pasa de cores cálidas a frías dá a impresión de que as formas de encolles; polo contrario, se pasamos de cores frías a cálidas provócase a sensación de alongamento e apertura.