Saltar navegación

Elementos visuais

Información

 

 Forma

A forma é a aparencia externa que ten un obxecto. Todo elemento visible posúe forma. Esta pode clasificarse en varios tipos:

Figuras básicas ou xeométricas (cadrado, círculo, triángulo, rectángulo...):

No deseño as figuras básicas aportan equilibrio, orde e  serenidade.

Figuras orgánicas ou naturais:

Son figuras inspiradas na natureza. Adoitan ser irregulares e asimétricas. Aportan movemento e dinamismo. (Lembremos o seu uso na Art Nouveau).

Formas abstractas:son formas simplificadas ou esquematizadas. Non existen na realidade.

Nesta infografía de Silocreativo podes ver os tipos de formas básicas:

Formas básicas
Silocreativo. Formas básicas .  (CC BY-NC-SA)

Cor

A cor é un elemento visual moi importante no deseño xa que ten unha gran capacidade para provocar emocións e sentimentos. Nun apartado posterior verémola con máis atención.

A búsqueda da cor adecuada nun proceso de deseño
Búsqueda de cor
María Martín Hernández. Busca de cor (CC BY-NC-SA)

Textura

A textura é unha cualidade da superficie das formas que se percibe polo tacto; tamén se lle chama textura á representación visual desa cualidade que se consigue mediante o emprego de liñas e diferentes procedementos de grafismo

A representación do sentido do tacto de forma visual ten moitos significados connotativos.

Podemos distinguir varios tipos de texturas:

-Textura visual/ táctil: a primeira ten un carácter visual mentres que na segunda intervén o sentido do tacto.

Estas poden ser irregulares axudando a crear texturas máis parecidas ás orgánicas ou xeométricas baseadas nun patrón xeométrico.

- Textura natural/artificial: segundo sexa de orixe natural (unha pedra, unha pel...) ou creada.

As texturas son moi importantes tanto no deseño gráfico como no industrial. Neste último a superficie dos obxectos inflúe nas cualidades do mesmo e tamén nas sensacións que provoca.

Textura pedras
sarajuggernaut. Textura natural (Licenza Pixabay)
Textura gráfica
AnthonyArnaud . Textura artificial (Licenza pixabay)

Tamaño

O tamaño é a dimensión das formas. Inflúe no peso visual e no establecemento dunha xerarquía entre elas. Xogando co tamaño dos elementos dunha imaxe pode crearse a sensación de profundidade.

O tamaño é un concepto relativo xa que depende dos elementos cos que se relaciona. En xeral, podemos dicir que os obxectos grandes teñen máis peso visual e parecen máis próximos mentres que os pequeno aportan menos peso e vense máis afastados.

Tamaños diferentes
Firkin.Openclipart. Tamaño (CC0)