Información
Despois de coñecer os elementos básicos da linguaxe visual e os principios elementais da sintaxe, debemos ver algúns métodos de organización. A repetición de elementos forma módulos. Estes ao combinarse entre si constitúen estruturas ou retículas que poden ser básicas ou complexas.
MÓDULOS
Os módulos son formas iguais ou parecidas que se repiten nun deseño. A repetición de módulos é un dos procedementos máis habituais.
Cuando un diseño ha sido compuesto por una cantidad de formas, las idénticas o similares entre si son “formas unitarias” o “módulos” que aparecen más de una vez n el diseño. La presencia de módulos tiende a unificar el diseño. Los módulos pueden ser descubiertos fácilmente en casi todos los diseños si los buscamos. Un diseño puede contener más de un conjunto de módulos. Los módulos deben ser simples. Los demasiado complicados tienden a destacarse como formas mas individuales, con lo que el efecto de unidad puede ser anulado. Si usamos la misma forma más de una vez en un diseño, la utilizamos en repetición. La repetición es el método más simple para el diseño. Las columnas y las ventanas en arquitectura, el estampado sobre la tela, las duelas del suelo, son ejemplos obvios de la repetición. La repetición de módulos suele aportar una inmediata sensación de armonía. Cada módulo que se repite es como el compás de un ritmo dado. Cuando los módulos son utilizados en gran tamaño y pequeñas cantidades, el diseño puede parecer simple y audaz, cuando son infinitamente pequeños y se utilizan en grandes cantidades, el diseño puede parecer un ejemplo de textura uniforme, compuesto de diminutos elementos
Wucius Wong. Fundamentos del diseño. Ed. GG. Páx. 51.
TIPOS DE REPETICIÓNREPETICIÓN POR XIRO OU ROTACIÓNÉ o movemento ó redor dun punto mantendo as dimensións e a forma do elemento orixinal. ![]() REPETICIÓN POR TRANSLACIÓNÉ o movemento directo dun obxecto ou figura na que tódolos puntos se moven na mesma dirección e á mesma distancia. O resultado é outra figura idéntica. ![]() REPETICIÓN POR SIMETRÍAA simetría está composta por figuras regulares que se poder obter por reflexión a partir de cada unha das metades. ![]() GRADACIÓNA gradación é a modificación do tamaño, posición, forma, proporción ou dirección que se realiza de xeito sistemático e secuencial con varias secuencias de transición.
|
ESTRUTURAS
![retícula retícula básica](3994916338_4ea0a15899.jpg)
Os módulos relaciónanse entre si para formar estruturas ou retículas.
A retícula básica é unha das estrutura máis sinxelas, que consiste na repetición de liñas horizontais e verticais que se cruzan entre si.
Podemos obter derivacións a partir desta retícula básica por diferentes procedementos como os que indicamos a continuación:
-Por cambio de proporción. Por exemplo, substituíndo as subdivisións básicas por rectángulos.
-Por deslizamento: deslizando as filas das subdivisións noutra dirección.
-Por cambio de dirección: inclinando as liñas horizontais ou verticais en calquera ángulo.
-Curvatura ou quebrantamento: curvando as liñas horizontais e/ou verticais.
-Por reflexión: reflectindo ou repetindo unha fila de subdivisións estruturais.
-Por combinación: combinando as subdivisións para integralas nunha forma máis grande ou complexa.
ESTRUTURAS ACTIVAS / PASIVAS
As estruturas pasivas son aquelas que as súas liñas estruturais son conceptuais ou mentais, polo que non interfiren no deseño.
Nas estruturas activas as liñas estruturais ademais de ser conceptuais interfiren podendo dividir espazos ou relacionarse cos módulos. Así poden dar independencia aos módulos ou permitirlles adoptar posicións excéntricas.
![estrutura activa estrutura activa](6_estructura_activa_228x318.jpg)
EXEMPLOS
No blog de Artes do IES Monte Castelo podes ver exemplos de deseños modulares creados polo alumnado a man alzada.