Saltar navegación

Elementos de relación

Información

Dirección

É un elemento de relación que sinala a dirección dun obxecto con respecto a outros. Ademais a dirección está suxeita ao marco onde se sitúa, á relación coas formas próximas e ao punto de vista do espectador.

Dirección
Elena Samartino. Dirección (CC BY-NC-SA)

Posición

É un elemento de relación que indica a posición dun elemento en función dunha estrutura ou con respecto a outros. Os obxectos que se sitúan no centro aportan equilibrio; os que se concentran na parte inferior dan a sensación de pesadez e gravidade; sen embargo, os da parte superior crean lixeireza e ingravidade.

Posición
Elena Samartino. Elementos de relación: posición (CC BY-NC-SA)



Espazo

As formas ocupan sempre un espazo. Grazas o emprego da perspectiva pódese crear sensación de profundidade, acercamento, afastamento; sensación de baleiro, plenitude, etc.

Espazo
Elena Samartino. Elementos de relación: espazo (CC BY-NC-SA)



Gravidade

É un elemento de relación que pode aportar a sensación de estabilidade, inestabilidade, pesadez. lixeireza...

Gravidade
Elena Samartino. Elementos de relación: gravidade (CC BY-NC-SA)