Información
Os elementos básicos para representar as formas son o punto, a liña, o plano, a textura e a cor. Estes elementos poden empregarse en dúas dimensións, como nos deseños gráficos, ou tridimensionais como no 3D.
Todo deseño ten como base a linguaxe visual. Podemos distinguir varios tipos de elementos:
a) Elementos conceptuais: punto, liña, plano e volume.
b) Elementos visuais: forma, cor, textura ou tamaño.
c) Elementos de relación: dirección, posición, espazo, gravidade...
d) Elementos prácticos: nivel de iconicidade (real ou abstracta), significado, etc.