Información
O punto
É o elemento mínimo de expresión visual. Indica posición, pero non posúe noción de dimensión.Mediante a cor, o tamaño ou a posición no plano pódese resaltar a súa importancia.
Como diciamos anteriormente o punto é un indicador de posición que sinala un eixe no que se concentra a tensión e, como consecuencia, a atención.
Asociamos os punto co redondo, pero tamén adoitan formas triangulares, cadradas, manchas, etc.
A liña
A liña consiste nunha sucesión de puntos que seguen unha mesma dirección. Serve para delimitar espazos e para definir os obxectos, posúe lonxitude pero non anchura.
Coas liñas pódese crear a idea de dirección, de movemento ou de equilibrio, polo que son elementos que crean tensión e resultan moi expresivos.
Algúns tipos de liñas:
-Liñas rectas: indican unha dirección. Poden ser horizontais ( tranquilidade, repouso, frialdade...), verticais (forza,ascensión, espiritualidade ) e diagonais (inestabilidade, dinamismo e movemento).
-Liñas curvas: son liñas que non posúen rectas. Transmiten dinamismo e movemento.
-Liñas mixtas: combina liñas rectas e curvas.
Plano
O plano é o percorrido dunha liña en movemento. Posúe lonxitude, anchura, posición, dirección, cor e textura. Os planos poden ser regulares (xeométricos cos ángulos e os lados iguais), que transmiten equilibrio e orde ou irregulares, con diferenzas nos seus lados ou ángulos, que provocan máis sensación de movemento ou inestabilidade.
Os planos poden ser bidimensionais (esténdese en dúas dimensións) ou tridimensionais (en tres dimensións)
.
Volume
O volume prodúcese co movemento dun plano cara unha dirección que non lle é intrínseca. Consiste no espazo que ocupa un corpo que se xera cando existen as tres dimensión de longo, ancho e profundidade, estando limitado por outros planos..