Información
A teoría da Gestalt xorde en Alemaña ó redor dos anos 20 enfrontada ás teorías condutistas da psicoloxía. A Gestalt,"figura" ou "forma", estuda as formas de percibir a realidade, tendo moita influencia no deseño ao pode esta dar estratexias para facilitar a percepción de contidos e emocións. Entre os autores que contribuiron ao seu desenvolvemento destacan Max Wertheimer, Wolfgang Kohler, Kurt Koffka, Kurt Lewin ou Rudolf Arnheim.
A teoría da Gestalt destaca varios principios ou leis polos que se rexe a percepción visual. Mencionamos os máis relevantes para o deseño:
Lei ou principio de fondo-forma. Lei ou principio de simetría. Lei ou principio de semellanza. Lei ou principio de proximidade. Lei ou principio de dirección común. Lei ou principio de peche. Lei ou principio de continuidade. Lei de plenitude. |
Fondo- Figura
O cerebro é incapaz de percibir o fondo e a figura ao mesmo tempo. Así o fondo pode percibirse como figura ou a figura como fondo, pero non simultaneamente. A figura é no que se centran os ollos, sendo o fondo o que queda detrás da figura. Adoitamos interpretar os elemento máis pequenos e os convexos como figura e os maiores e os cóncavos como fondo. Un dos exemplos máis coñecidos da lei de fondo-figura é o vaso de Rubín na que se pode ver un vaso/copa ou dúas caras).
Alan De Smet at . Lei fondo-figura (CC0)
Proximidade
Os elementos que están próximos entre si percibímolos como se formasen parte do mesmo grupo. Na imaxe agrupamos os círculos en dous grupos pola proximidade que teñen entre si.
Gestalt. Lei de proximidade (CC0)
Semellanza
Tendemos a agrupar os elementos que se parecen entre si. A semellanza pode deberse o uso da cor, da textura, do tamaño, etc. Así, se queremos destacar un elemento podemos romper co conxunto e introducir unha anomalía.
Gestalt. Lei de semellanza (CC0)
Simetría
Os elementos con disposición simétrica e orde percíbense como do mesmo grupo. Os deseños desorganizados e asimétricos poden crear confusión e dificultar a interpretación da mensaxe.
Dirección
As figuras ou elementos que están na mesma dirección percíbense como un grupo.
James Wainscoat. Lei de dirección común (Licenza Unsplash)
Peche
Tendemos a completar a información e pechar as formas abertas. Un exemplo moi famoso no que se emprega esta lei é o logo da WWF (World Wide Fund for Nature) onde o espectador "completa" a figura dun oso panda.
Clker-Free-Vector-Images. Positivo-negativo. Licenza Pixabay
Continuidade
Os elementos ou patróns que seguen unha dirección tenden a agruparse. Na figura da imaxe tendemos a continuar a liña aínda que esta se vexa interrompida.
Brennanyoung. Lei de continuidade (CC0)
Plenitude
As formas simétricas e regulares son máis fáciles de percibir que as complexas ou máis irregulares.
Na páxina web de SiloCreativo podes ver como se aplican as leis da Gestalt no deseño gráfico e, en concreto, no deseño de logos.