Aprendendo a escoitar os elementos da linguaxe musical (nivel avanzado) III
Bloque 2. A forma sonata
Empregamos o termo sonata para referirnos a un xénero que engloba obras instrumentais que constan de varios movementos. Por exemplo a sonata de camera ou a sonata di chiesa no Barroco ou a sonata clásica.
Sen embargo, a forma sonata é a estrutura dun movemento individual.
Ademáis da repercusión que tivo esta forma no Clásicismo, imos explicar a súa orixe como forma binaria preclásica, e tamén a súa evolución no estilo do Romanticismo.
Centrarémolo noso estudo da forma sonata nos primeiros movementos de carácter Allegro das sonatas para piano de W. A. Mozart, que son en total 16 das 19 do seu catálogo.
en.chateauversailles.fr (Dominio público)
Imaxe 2.0. Michel-Barthélémy Ollivier:
Le Thé à l’anglaise dans le salon des quatre glaces au Temple,
avec toute la cour du prince de Conti, écoutant le jeune Mozart (1766)
O té das cinco no salón dos catro espellos do Temple,
con tódala corte do Príncipe de Conti, escoitando ao xoven Mozart (1766)
Reflexión
O termo sonata é polisémico.
- Nun caso indica un xénero: obra para tocar fronte a obra para cantar (sonata vs cantata)
- Noutro unha estrutura formal.
Manual de uso
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0