Saltar navegación

3.2 Variacións de texturas

A textura defínese como a disposición e orde dos fíos dun tecido (ou as partes dun corpo ou unha obra).

Como habitualmente na estrutura de tema con variación o tema adoita ser unha melodía fixa, ou a respectar en maior ou menor medida, imos traballar algunhas das texturas de acompañamento máis coñecidas sen alterar, en principio, a melodía.

Cada época ten unha texturas de acompañamenmte recorrentes que definen o que damos en chamar estilo musical.

Nesta ODE imos concretar catro que consideramos fundamental coñecer: baixo Alberti, baixo tambor, baixo arpexiado (en modalidades clásica e románticas) e baixo imitativo

Para iso tomaremos como tema a canción popular Parabéns para tí.

Aínda que parece unha canción intemporal foi composta en 1893 polas irmáns e mestras estadounidenses Mildred y Patty Smith Hill, para que o alumnado dera os bós días na aula. A letra rexístrase en 1935 e os seus dereitos explotados pola multinacional Warner ata 1985 en Europa e 2015 en Estados Unidos. Todo un negocio.


Baixo Alberti

O baixo Alberti é unha textura de acompañamento propia do estilo galante. Lembremos o vídeo da sonata de J. C. Bach da ODE 1.3:

Leva o nome do compositor e cantante veneciano Doménico Alberti que adoitaba usalo nas súas obras.

Consiste nun patrón de acompañamento de acordes arpexiados de forma quebrada, a saltos. Foi utilizado por Haydn, Mozart, Clementi e Beethoven, xunto con moitos outros compositores e compositoras do período clásico.

O patrón de acordes quebrados axuda a crear un son fluido e sostido que racha co baixo contínuo imperante no Barroco.

A famosísima sonata nº 16 en do maior de KV 545 de Mozart comeza con esa textura.

Sonata nº 16 en do maior KV 545, Mozart

Outros feitos de desenvolver, adaptándose a diferentes métricas son:

Actividade 1

Actividade 1. Toma o tema da canción popular Parabéns para ti e aplícalle o acompañamento Alberti. Tenta utilizar posicións no acompañamento que completen as notas dos acordes.

Na fin da frase pódese deter este baixo para reforzar o sentido cadencial con outro acompanhamento máis estático ou enfático.

Cando remates podes comparar coa proposta que facemos nós



Baixo tambor

Outra das texturas de acompañamento habituais no clasicismo é o baixo tambor.

Ten un carácter percusivo marcado e utilízase para aires con carácter de marcha ou militar como o Rondeau do terceiro movemento “Alla turca” da sonata nº 11 KV 331 de Mozart. ​​

Podemos observar que a nota grave crea un ritmo que non é otro que o denominado ritmo turco:

O estilo turco

O expansionismo do Imperio Otomano constitue unha das máis serias ameazas á orde internacional europeo durante os séculos XVI y XVII. 

O «estilo turco» construíuse a partir das bandas de ventos e percusión (mehter) que acompañaban ás tropas xenízaras nas súas campañas. O son destas bandas militares causou enorme sensación en occidente. 

O mehter é unha das raíces incuestionables da música militar occidental.

A ameaza turca, percibida desde occidente baixo o lente da barbarie e o exotismo, xerou unha chamativa resposta na cultura europea en forma de fascinación polo turco ou turquerie

A música destas bandas, marcial e ruidosa, calou de forma natural no teatro musical, e de aquí extendeuse a outros ámbitos musicais, incluido o sinfónico e o doméstico, inspirando pezas vibrantes e coloristas que o público relacionaba indistintamente co turco ou o militar.

O estilo turco caracterízase por:

  • Vigorosos tempos de marcha (compás de 2/4),
  • O patrón rítmico  ou ritmo turco
  • A sección de percusión «turca» formada por instrumentos como o bombo, os címbalos ou pratos, e o triángulo.
  • Outro instrumento característico é o frautín, empregado para imitar a sonoridade da zurna.
  • piano con «pedais xenízaros». Trátase dun tipo de piano con efectos de percusión incorporados mediante un sistema de pedais. Este instrumento probablemente estivo na mente de Mozart cando creou o seu célebre rondó.

Actividade 2

 Actividade 2. Toma o tema da canción popular Parabéns para ti e aplícalle o baixo tambor. Podes utilizar, coma fai Mozart, diferentes frecuencias na figuración para crear ritmo suxacentes como o ritmo turco 

Cando remates podes comparar coa proposta que facemos nós

Baixo arpexiado

Utilizar arpexios na man esquerda é outro dos acompañamentos pardigmáticos no ABC do improvisador e do compositor.

Dependendo do xeito de facer o arpexio, quebrando os saltos, utilizando notas estranas tercinas, etc  podemos situarnos nun estilo máis clásico ou romántico.

Vídeo Mozart variación IV

Video Clara Schumann variación 1

Actividade 3

Actividade 3. Sobre o tema traballado fai diferentes arpexiados en tercinas tentando imitar un carácter clásico e outro romántico.

Lembra que para o romántico son mol interesantes as notas estrañas: notas de paso, apoiaturas floreos...

Cando remates podes comparar coa proposta que facemos nós

A imitación

Nas Variaciósn Goldberg de Bach un dos procesos fundamentais e o contrapunto a diferentes voces. Ata un terzo delas utiliza o contrapunto ou o canon como proceso compositivo. Esta textura é característica de parte da música do Barroco pero tamén aparece noutros estilos.

Na variación número VI das compostas por Clara Schumann sobre un tema de Robert podemos escoitar un exemplo deste proceso:

Variación VI, Clara Schumann

E tamén na IV e na Vi das Variacións Diabelli de Beethoven onde o proceso contínua nun desenvolvemento dos motivos fragmentados, algo que constitúe a pegada da identidade do compositor alemán.

Variación IV, Beethoven

Variación VI, Beethoven

O cumio destas 33 variacións está na número 32 que está construída coma unha fuga a catro voces.

Actividade 4

Actividade 4: Constrúe unha segunda voz imitando o tema de Parabéns para tí respectando o esquema harmónico orixinal e, por tanto, adaptando os motivos para que encaixen. Tes escrito un inicio para te axudar.

Cando remates podes comparar coa proposta que facemos nós