Saltar navegación

1.4. O Empfindsammer stil

Introdución

O estilo sensible, sentimental ou expresivo (Empfindamer stil) xorde entre 1740 e 1780 no norte de Alemaña, e foi desenvolvido por compositores como C. P. E. Bach e Jirí Antonín Benda a través da escola de Manheim. No estilo da sensibilidade a emoción valórase máis que calquera outra cousa, e o seu abano expresivo é máis amplo con respecto ao estilo galante. É, polo tanto, un estilo complexo e subxetivo, que non busca agradar ao gran público, estando asociado coas clases medias e os sentimentos individuais. Ao contrario que o estilo galante, o estilo sensible non dá as costas completamente ao Barroco, xa que usa a textura contrapuntística e os seus recursos técnicos.

Adolph Von Menzel. Un concerto de frauta de Federico o grande en Sanssouci (1850-52) (CC BY)



A melodía e textura sensibles

A melodía sensible é máis angulosa que a galante, con máis chimpos e zigzags, que a fan menos cantabile e máis instrumental. Ao contrario que o galante, a melodía sensible está saturada de cromatismos, ben polo uso de acordes cromáticos ou de notas estrañas.

Imaxe 1_4_1. J. A. Benda. Sonata en Si b mayor: Allegretto, cc. 1-4, [man dereita]

O estilo empfindsam caracterízase polos cambios constantes de textura nun mesmo movemento, no que conviven os baixos Alberti, o contrapunto (b) ou contrapunto imitativo, líñas de baixo continuo (c), oitavas (a), acordes (e), arpexios, escalas, breves monodias duplicadas (d), etc. Esta variedad de texturas produce un efecto de discontinuidade moi característico.

Imaxe 1_4_2. C. P. E. Bach. Sonata en fa menor W62/6 H40: Allegro, cc. 1-8

Imaxe 1_4_2. C. P. E. Bach. Sonata en fa menor W62/6 H40: Allegro, cc. 1-8

Do mesmo xeito que o estilo galante, o estilo sensible tamén usa o ritmo lombardo.

Un dos recursos rítmicos que emprega este estilo é a hemiolia, consistente nun cambio de compás non escrito e momentáneo. Este pódese realizar mediante a figuración, a articulación e a harmonía, e pode atravesar incluso as líñas divisorias do compás.

As hemiolias máis frecuentes do Barroco e Preclasicismo son aquelas que convirten a percepción de un compás ternario (3/4) en un binario (2/4 ou 6/8) próximo a unha cadencia importante. Son, polo tanto, un recurso estrutural que produce sensación de aceleración.  

Imaxe 1_4_3. C. P. E. Bach. Sinfonía en Sol mayor Wq 183/4: Allegro assai, cc. 118-131

Imaxe 1_4_3. C. P. E. Bach. Sinfonía en Sol mayor Wq 183/4: Allegro assai, cc. 118-131

A tonalidade sensible

Os músicos sensibles prefiren o modo menor, xa que este é máis complexo e disonante que o modo maior. Aínda así, as obras sensibles nas que a  tonalidade principal é maior, inclúen nelas acordes propios do modo menor, creando o denominado modo maior mixto.

Imaxe 1_4_4. J. A. Benda. Sonata en Si b maior: Allegretto, cc. 1-4

Imaxe 1_4_4. J. A. Benda. Sonata en Si b maior: Allegretto, cc. 1-4

Ademáis das tonalidades veciñas, os músicos do estilo sensible exploran tonalidades más afastadas en relación á principal. No seguinte exemplo, en re menor, despois de transitar por sol menor, re menor e Fa maior, atrevése a entrar en si♭ menor, tonalidade do VI grado minorizado con respecto a re menor, a principal do movemento.

Imaxe 1_4_5. J. A. Benda. Sonata en Si♭ maior: Larguetto, cc. 1-12

Imaxe 1_4_5. J. A. Benda. Sonata en Si♭ maior: Larguetto, cc. 1-12

A modulación sensible

Unha das maneiras empfindsam de pasar dunha tonalidade a outra é mediante a modulación cromática. Esta produce un forte cambio entre tonalidades, xa que non existen acordes en común entre ambas. O paso de Fa maior a si♭ menor no c. 10 da imaxe 1_4_5 prodúcese dende un V invertido da primeira tonalidade, que enlaza c0a sétima diminuída do VII da segunda tonalidade. Ningún destes acordes son comúns ás tonalidades, e, polo tanto producen unha modulación cromática.

A harmonía sensible

  1. Uso do acorde de sexta aumentada. É un dos acordes favoritos dos músicos sensibles, pola disonancia e tensión harmónica que produce.
  2. Emprego de acordes do modo maior mixto, como por exemplo o acorde de sexta aumentada (c. 2 da imaxe 1_4_3).
  3. Ritmo harmónico rápido, que tende a usar varios acordes nun mesmo compás. Adoita ser discontinuo, formando en ocasións síncopes harmónicas, que evitan un cambio de acorde na parte forte do compás.

Actividade 1

Actividade 1 ¿Qué ritmo harmónico subxace na imaxe 1_4_1? Escríbeo.

A forma no estilo sensible

As formas dos primeiros movementos das sonatas sensibles adoitan utilizar, ao igual que os galantes, a forma sonata binaria. Hai un maior uso non obstante do contrapunto ou contrapunto imitativo, podendo empregar recursos formais propios da fuga do Barroco (pasaxes en estreito, monotematismo, etc.)

  1. En ocasións non se aprecia unha separación precisa entre as frases ou motivos. Contribúen a isto a ausencia de silencios, e a presenza de notas estrañas que producen continuidade entre as partes. Observa o complicado que resulta extraer unha estrutura de números da frase da imaxe 1_4_2.
  2. Asimetría. As frases forman estruturas numéricas que son irregulares. As catro primeiras frases da primeira sección da Sonata en fa menor Wq 62/6 de C. P. E. Bach (Partitura 4 da ODE1.1) forman a asimetría 8 + 7 + 6 + 9.

 


A discontinuidade do estilo sensible

Se a continuidade é a característica máis importante do estilo galante, a discontinuidade é a do estilo sensible. En ocasións esta cualidade reflíctese en forma dun cambio brusco de textura, ritmo, harmonía, e mesmo dinámica, creando un efecto de sorpresa moi marcado no oínte.

Actividade 2

Actividade 2. Atendendo a esta definición, ¿Poderías dicir en qué compás do seguinte exemplo sintes o cambio más drástico e inesperado? ¿Por que?

Imaxe 1_4_7. C. P. E. Bach. Sonata en Do maior Wq. 65/36, H157: Andante, cc. 41-56 e Allegro, cc. 1-4

Imaxe 1_4_7. C. P. E. Bach. Sonata en Do maior Wq. 65/36, H157: Andante, cc. 41-56 e Allegro, cc. 1-4