Saltar navegación

2.4 A recapitulación

Ao longo da recapitulación ou reexposición repítese o material musical da exposición na mesma orde. Sen embargo existe unha diferenza importante: a tonalidade secundaria  que se emprega para o segundo grupo temático e o grupo cadencial, reemplázase pola tonalidade da tónica. Esta diferenza crea un problema interesante na transición entre os dous grupos temáticos. Na exposición, esta transición realizaba a modulación á nova tonalidade. Agora debe, dalgún xeito, dar a sensación de modular permanecendo na mesma tonalidade de tónica.

Ademais do cambio tonal, na recapitulación o compositor pode ampliar, abreviar, ou incluso eliminar algún dos períodos da exposición. Na anteriormente mencionada sonata de Haydn (Imaxe 2_3_2), ao chegar á recapitulación, no canto de modificar a transición, o compositor opta por eliminala, rematando o tema “A” (5+2) nunha semicadencia da tonalidade principal.

Imaxe 2_4_1. J. Haydn. Sonata en Sol maior Hob. XVI: G1: Allegro

O grupo cadencial e o tema de conclusión (se o hai) serven para reforzar a conclusión do movemento na tonalidade principal.

Nos movementos en forma sonata do primeiro Clasicismo, o desenvolvemento e a recapitulación repetíanse, evocando a súa orixe binaria preclásica. Non obstante, máis adiante esta práctica caeu en deshuso.

Un caso excepcional de recapitulación clásica ocorre na Sonata KV 311 (284c) de W. A. Mozart. Como podemos observar na imaxe 2_4_2, os temas A e B reaparecen pero en orden invertido. Ademais, Mozart omite a transición e reharmoniza o tema B, cun cambio de modo a ree menor e engadindo unha 6ª aumentada italiana na semicadencia coa que finaliza. O movemento conclúe cunha codetta de 8 compases, pechandoo co motivo d, creando un paralelismo co final da exposición.

Imaxe 2_4_2. W. A. Mozart. Sonata KV 311 (284c): Allegro con spirito [Esquemais formais da exposición e recapitulación]

Imaxe 2_4_3. W. A. Mozart. Sonata KV 311 (284c): Allegro con spirito [Recapitulación]

Actividade 1

Exercicio. Identifica os elementos característicos ata agora estudados indicados coas letras nesta obra de Mariana Martínez. Os solapamentos entre elementos están indicados mediante a sobreimpresión dos rectángulos.

Ten en conta que cada período pode estar indicado por unha letra ou varias.

Marianne von Martínez, Sonata para piano nº 2 en Mi maior, 1º movemento