2.3 O desenvolvemento
O termo “desenvolvemento” indica que o material da exposición transformarase empregando calquera recurso da imitación de motivos, como a fragmentación, mutación, a ornamentación, o tratamento en progresión, aumentación, diminución, etc. O compositor escolle libremente os motivos da exposición que lle interesan para elaborar o desenvolvemento. Por exemplo, na sonata KV 313, Mozart elixe catro motivos da exposición: un motivo de 5 semicorcheas extraido da transición (t), unha variante de este (t’), un pequeno fragmento de B con apoiaturas cromáticas ascendentes (b), o tema de conclusión íntegro (c), e o penúltimo compás da exposición, baseado nunha progresión melódica de 2ª descendente con apoiaturas.
Imaxe 2.3.0. W. A. Mozart. Sonata KV 311 (284c): Allegro con spirito [Motivos]

A característica mais importante do desenvolvemento é a súa natureza modulatoria. O compositor explora nesta sección diversas relacións tonais, afastándose da tonalidade principal. Resulta característico do desenvolvemento a inestabilidade tonal producida polas progresións harmónicas modulantes, círculos de quintas, ou pola condensación de dominantes secundarias. Todo iso contribúe á percepción, en ocasións, de non identificar a tonalidade na que nos atopamos. Para indicar estos momentos de dúbida, empregaremos unha interrogación (?).
Ao contrario que a exposición, a sección de desenvolvemento non ten unha forma fixa. senón que cada un segue o seu propio patrón. Ademais, as agrupacións irregulares de frases e contrastes de textura, rexistros e dinámicas son moi habituais nesta sección. Debido a súa libertade formal, o desenvolvemento é a parte da forma sonata donde o compositor pode dar renda solta a súa fantasía creativa.
Imaxe 2_3_0b. W. A. Mozart. Sonata KV 311 (284c): Allegro con spirito [Esquemas formais da exposición e do desenvolvemento]

A pesar de non posuír unha estrutura fixa, nos desenvolvementos é habitual a procura dun clímax, que se calma frecuentemente mediante a función da subdominante. Os acordes ou enlaces harmónicos que ocupan a zona de clímax adoitan pertencer á familia da dominante ou ben da dominante da dominante. Velaquí tes algúns exemplos típicos:
Imaxe 2_3_1. Acordes típicos dun clímax

Tamén é frecuente, cara o final do desenvolvemento, a chamada retransición (RT), baseada xeralmente nunha prolongación da dominante (moitas veces en forma de pedal). Este elemento prepara o retorno do material temático orixinal na tónica ao comezo da recapitulación.
Na seguinte forma sonata de Haydn, a retransición consiste nunha progresión harmónica que vai dende a fundamental si, recorrendo o círculo de quintas ata chegar á fundamental sol, a tónica da tonalidade principal, coa que comeza a recapitulación.
Imaxe 2_3_2. J. Haydn. Sonata en Sol maior Hob. XVI: G1: Allegro
Debes lembrar...
- Para que unha sección sexa considerada como desenvolvemento, teñen que reaparecer materiais anteriormente expostos.
- O desenvolvemento non ten unha forma fixa. Non hai dous iguais.
- É a parte da forma sonata donde se modula máis veces.
Actividades 1, 2 e 3
Actividade 1. Visualiza e escoita o o seguinte desenvolvemento de W. A. Mozart e divide as súas partes mediante rectángulos.
(Descarga a folla modelo que atopas na parte inferior das actividades)
Actividade 2. Responde ás seguintes cuestións acerca do desenvolvemento do vídeo de Mozart:
a) Hai dous compases sucesivos exactamente iguais. ¿Poderías decir cales son?
(Solución)
b) Atópanse dúas progresións harmónicas. Delimita os compases dos modelos e das repeticións.
Ten en conta que as dúas progresións comezan no segundo pulso do compás.
¿Paréceche difícil? Consulta a pista 1, téntao de novo, e depois a pista 2.
Pista 1
O modelo da primeira progresión dura 4 compases e o da segunda dura 1 compás.
Pista 2
As dúas progresións teñen dúas repeticións.
Solucións
c) Temos 4 sextas aumentadas. ¿Poderías identificar en que compases soan?
Solucións
d) ¿Qué compás ou compases definen o clímax ou punto culminante do desenvolvemento?
Solución
e) ¿En qué compás comeza a recapitulación?
Solución en vídeo das actividades 1 e 2
Actividade 3. Fai un esquema formal no que inclúas as frases que o integran, expresadas con números.
Solución

Podes descargar a partitura no segundo ficheiro adxunto. Faino despois de resolver as cuestións auditivamente
W. A. Mozart. Sonata para piano en la menor KV 310 (300d): Allegro maestoso [desenvolvemento]
cc. 54 e 55
Modelo: cc. 58.2-62.2 / 1ª repetición: cc. 62.2 - 66.1 / 2ª repetición cc. 66.2-70.1
Modelo: cc. 70.2-71.1 / 1ª repetición: cc. 71.2 - 72.1 / 2ª repetición cc. 72.2-73.1
c. 57, c. 73.4, c. 78.2 e c. 78.4
c. 73-74
Observa que no clímax aparece un dos acordes típicos mencionados na imaxe 2.3.1, o acorde de sexta aumentadac. 80
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0