2.5 Elementos opcionais da forma sonata
A introdución
Os primeiros movementos en forma sonata poden comezar cunha introdución de carácter lento.A súa duración é moi variable, podendo ocupar poucos compases ou ben abranguer toda unha sección.
Unha estrutura típica das introducións de carácter longo dividiríase en 3 partes:
- Inicio que presenta e consolida a tonalidade principal. (T-S-D-T)
- Unha transición modulante que adoita incluir progresións harmónicas ou ben dominantes secundarias.
- Unha prolongación da función da dominante, que prepara a tónica coa que comena a exposición do Allegro do primeiro movemento.
As introduccións dos movementos en modo maior están decotío na tonalidade homónima menor. Ademáis, os motivos expostos na introdución poden reaparecer dentro do movemento en si, normalmente de xeito literal.
Imaxe 2_5_1. L. V. Beethoven. Sonata para piano op. 13 “Patética”: Introducción e comezo do Allegro
Imaxe 2_5_2. L. V. Beethoven. Sonata para piano op. 13 “Patética”: Allegro (4 cc. antes do Desenvolvemento)
Imaxe 2_5_3. L. V. Beethoven. Sonata para piano op. 13 “Patética”: Allegro (Final da exposición)
A coda
En ocasións ao grupo cadencial da recapitulación se lle engade unha pequena coda, a modo de epílogo. Esta palabra procede do italiano que quere dicir literalmente cola e non deixa de seren unha extensión da cadencia final máis ou menos elaborada.
Nos movementos con forma sonata do primeiro Clasicismo, a coda é unha extensión do grupo cadencial, caracterizada pola aceleración rítmica e reafirmación na tónica principal. Beethoven foi o primeiro compositor en concibir a coda coma unha especie de segunda sección de desenvolvemento, ainda que con menor afastamento tonal que no desenvolvemento. Na coda do Allegro da sú Sinfonía op. 67 nº 5 en do menor introduce e desenvolve un tema aparentemente novo.[1]
Imaxe 2_5_4

Actividade 1
Actividade 1. Escoita o vídeo do primeiro movemento da sonata op. 31 nº 2 de L. V. Beethoven e responde as seguintes preguntas:
Os compases 89 a 92 corresponden co segundo cadro de repetición da exposición.
1. Se consideramos os dous primeiros compases como una introdución lenta, ¿en qué compases do movemento volve a reaparecer?
2. ¿Qué función armónica cumple a introdución?
3. ¿Qué acorde subxace na última nota da melodía no compás 148?
4. ¿En qué compás comeza a coda do movemento?
5. ¿Cantos acordes distintos escoitas na CODA?
cc. 7-8, cc. 93-94, cc. 95-96, cc. 97-98, cc. 143-48, cc. 153-58
c. 217.3
Dominante
Tónica
A coda consta únicamente dun acorde de tónica que se prolonga durante 11 compases.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0