3.4 Variacións rítmicas
Do mesmo xeito que as variantes harmónicas resultante inabarcables no marco dunha sinxela ODE outro tanto pasa coas rítmicas. Temos patróns rítmicos que definen danzas de todo tipo e época, que podemos aplicar aos nosos temas: Pavana, Sarabanda, ritmo turco, tango, samba, reggae…
Outros serven para expresar lixeireza ou pesadez, a chamada do destino, o galop, e moitos outros significados.
Ademáis as variacións riítmicas adoitan obrigar facer variación melódicas ao ter que adaptar a melodía a novos metros ou células rítmicas.
Dentro de todo este enorme abano de posibilidades imos concretar a nosa proposta didáctica nos cambios de metro.
O cambio de compás
O uso de diferente compases coas súas acentuacións propias non só é un exercicio matemático. Cada metro transmite unha sensación de movemento.
- O 2/4 está intimamente relacionado coa marcha, o camiñar cun certo aire militar marcando o paso. O 4/4 ten un movemento moito máis natural, un andar non tan marcado, máis propio de xente paseando a diferente ritmo, segundo o tempo musical.
- Os compases ternarios relaciónanse con movementes ondulatorios, circulares, onde a maior parte do tempo os pés están no aire porque o apoio na terra é só un tempo de cada tres. O bambeo dunha randeeira, dunha dorna no mar ou o arrolar a un meniño. Nas bandas sonoras dos debuxos animados (o mickeymousing) hai tópicos musicais establecidos para as caídas a rolos: escala descendente en tercinas por chanzos.
Por tanto o troco de compás binario/ternario crea un contraste de carácter, de movemento e de sentimento moi intenso. - Temos tamén os compases coxos (aksak en turco) que, como o seu propio nome indica, asócianse a movementos irregulares imprevisibles, divertidos e graciosos. Compases coma o 5/8 o 7/8.
O más habitual é o cambio binario/ternario ou viceversa.
Binario ternario
Dos tres temas que estamos a traballar os de Clara Schumann e Mozart son binarios (4/4 e 2/4) pero non fan ninguha variación en ternario.
Por tanto, como modelo para o cambio binario a ternario tomaremos a variación 12 (e final) das escritas por Beethoven para violonchelo e piano sobre un tema de Haendel do Oratorio Xudas Macabeo. Este coñecido coro, "See the Conq'ring Hero Comes", é un dos máis famoso de Haendel. Foi creado en primeriro lugar para o oratorio Joshua, pero acadou tanta notoriedade que o incluiu no oratorio Xudas Macabeo. Actualmente segue a ser popular pois forma parte dos libros do método suzuki para instrumentos de corda e cántase decotío no repertorio coral baixo o título Canticorum Iubilo.
Este é o tema:
Agora comparao coa transformación para este brillante e optimista final:
¿Como o fixo?
Non se pode sinxelamente cambiar as barras de compás e manter a melodía. A acentuación de compás depende nunha grande medida do ritmo harmónico e tamén das duracións das figuras.

Nesta derradeira variación o cambio foi a 3/8 e variou a melodía para conferir maior coherencia, viveza e caracter de final.

Ao esquematizar a melodía e reducir o número de notas esta resulta máis lixeira e viva, sen a pesadez que poden aportar as semicorcheas necesarias para incluir todas as notas da melodía orixinal.
Actividades 1 e 2
Actividade 1. Fai unha variación do tema de Mozart en ⅜ a imitación da variación de Beethoven. Coa axuda dun compañeiro ou comapñaeira cante e toca a túa creación.
Cando remates podes comprobar a proposta que facemos nós
Actividade 2. Transcribe o tema de Clara Schumann, respectando a harmonía e voces, a un compás de ¾. Podes facelo nun caderno ou, por exemplo, co editor de partituras gratuito MuseScore 3.
Cando remates...
Ternario binario
O tema Diabelli que usa Beethoven é un vals (ternario), que transforma ata en doce ocasións en binario (variacións 1, 9, 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 28, 20 e 32).
Vexamos dous exemplos, a primeira e a décimo quinta:
Variación 1
Variación 15
Mentres na primeira consegue un clima pomposo e maestoso, na décimo quinta o resultado é unha música algareira, áxil e esvaradía. As indicacións de tempo axudan pero tamén a elección de compás e os motivos rítmicos escollidos.
Como na transformacion anterior a adaptación faise respectando o ritmo harmónico e transformando o ritmo orixinal.
Actividades 3 e 4
Actividade 3. Transforma a melodía (só a melodía) de Parabéns para tí en binaria de 2/4 imitando a variación 15 de Beethoven.
Actividade 4. Crea un acompañamento similar ao que fai Beethoven nesa mesma variación.
Cando remates podes comprobar a proposta que facemos nós
Lembra
O cambio de compás implica cambio melódico e tamén a elección do estilo ou aire que pretendemos dar á nosa variación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0