2.2 A exposición
Na sección da exposición preséntanse os principais temas do movemento e establécese unha polaridade entre dous centros tonais básicos: I e V para o modo maior; I e III para o modo menor, ou ás veces I e V no modo menor.
A exposición deberá repetirse se hai signo de repetición, xa que se omitimos a indicación poderíamos distorsionar as proporcións do movemento.
A exposición consta dos seguintes elementos:
- O tema inicial (A), con frecuencia exténdese formando un primeiro grupo temático. Trátase dun conxunto de ideas musicais diferentes que se relacionan por pertencer á tonalidade da tónica.
- A transición (T) ou ponte modula á nova tonalidade, frecuentemente mediante progresións harmónicas. Nas obras sinfónicas esta transición interprétase en forte por tódala orquestra, e normalmente conclúe cunha semicadencia ou unha (semi) cadencia frixia (con ou sen 6ª aumentada) ou ben unha cadencia auténtica no novo centro tonal. Se a transición remata nunha semicadencia ou CAP da tonalidade principal dicimos que non é modulante. Pola contra, se esta cadencia pertence á tonalidade secundaria esta é modulante. A semicadencia coa que culmina a transición non modulante está constituída sempre por un acorde de dominante sen sétima, que, despois dun silencio, repítese como tónica da tonalidade da dominante ao iniciarse o tema B. De xeito paralelo, na recapitulación, o mesmo acorde tríade enlaza coa tonalidade principal ao reexpoñerse o tema B.
|
Exposición |
|
Recapitulación |
||||
|
Tema A |
Trans. |
Tema B |
|
Tema A |
Trans. |
Tema B |
|
Tónica |
SC |
Dominante |
|
Tónica |
SC |
Tónica |
Exemplo 2.2.2.. J. C. Bach. Sonata para piano op. 5 nº 4: 1o movemento (Exposición), cc. 9-20
Exemplo 2.2.3. J. C. Bach. Sonata para piano op. 5 nº 4: 1er movemento (Reexposición), cc.85-96
Deste xeito, o acorde de dominante de Mi♭maior ten unha dobre función: mentres na exposición serve para modular á tonalidade da dominante (cc. 16-17 da Imaxe 2_2_2), na recapitulación funciona como unha dominante convencional que enlaza coa súa tónica (cc. 92-93 da Imaxe 2_2_3). W. A. Mozart, que tivo contacto con J. C. Bach en Londres, probablemente fixouse neste dobre procedemento, e o fixo seu incorporándoo nalgúns dos seus movementos en modo maior, nos que a transición entre temas non era modulante.
Unha vez rematada a transición, é habitual que se produzca un breve silencio xeral de tódalas voces, coñecido como cesura (Imaxe 2_2_6). Ás veces, esta pausa non é total xa que algunha voce enche o silencio cunha soldadura (Imaxe 2_2_4).
O segundo grupo temático (B ou B1, B2) está nunha nova tonalidade. Este grupo adoita ser máis regular na agrupación das súas frases, e tamén mais calmo e mais lírico que o primero, empregando moitas veces unha textura instrumental mais lixeira nas sinfonías. Inda que os seus temas adoitan ser novos, en ocasións o compositor pode repetir o tema do primeiro grupo transportándoo á nova tonalidade, e producindo o que chamamos exposición monotemática. Este tipo de exposicións dun só tema son habituais nas formas sonatas de Joseph Haydn.
Despois do segundo grupo temático continúa o período ou grupo cadencial (C ou C1, C2) . A súa función é a de estabilizar a nova tonalidade, empregando para elo cadencias auténticas nesta nova tonalidade. A súa textura típica é a de escalas, trinos e arpexios virtuosísticos (normalmente en dinámica forte) que aceleran o ritmo con respecto ao período anterior. Dentro do período cadencial, é habitual atopar, cara o seu final, un tema de conclusión, (habitualmente en dinámica piano) que acostuma repetirse de xeito literal, ao unísono ou á 8ª. Nas formas sonatas mais extensas, atopamos ao final do grupo cadencial unha codetta, é dicir, un apéndice final da exposición.
Os seguintes vídeos ilustran cada un dos elementos que conforman a exposición dunha forma sonata do compositor W. A. Mozart.
Imaxe 2_2_4. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 330 (300h) [Exposición]
Imaxe 2_2_5. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 457 [Exposición]
Imaxe 2_2_6. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 533 (u. 494) [Exposición]
A exposición nas sonatas para piano de W. A. Mozart
Despois de analizar o primeiro movemento das 16 sonatas para piano con carácter Allegro, observamos certas recorrencias.
- A metade das sonatas teñen unha transición modulante, e a outra metade son non modulantes.
- Todas as transicións (sexan modulantes ou non) rematan cunha semicadencia en forma de tríade de dominante (V). Soamente dúas das sonatas (KV 284 e KV 533) empregan unha 6ª aumentada enlazando co V grado.
- cMais da metade das sonatas (10 de 16) presentan unha cesura (silencio de tódalas voces) que separa a transición de B. Cando non hai cesura, un deseño arpexiado ou de escalas, que podemos chamar soldadura, enche o baleiro producido pola pausa.
Imaxe 2_2_6b. Soldadura que evita a cesura. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 330 (300h): Allegro moderato, cc. 15-22
- Todos os períodos B rematan cunha cadencia auténtica perfecta (CAP) con 6ª e 4ª cadencial. Ademais, a meirande parte destas cadencias (10 de 16) sinalízanse cun trilo na 2 dentro do V grao.
Ás veces o compositor, en lugar de resolver directamente a 6ª e 4ª cadencial no V grao, “marea a perdiz”, pospoñendo durante algúns compases a resolución deste acorde no V. Fíxate como, na imaxe 2_2_6c, a 6ª e 4ª cadencial pasa primeiro por unha dominante da dominante (c. 84), e despois por unha 6ª aumentada (c. 86) antes de enlazar por fin coa dominante no c. 88.
- As estruturas numéricas do período cadencial das sonatas (C), tenden á simetría (4+4, 3+3, 2+2 ou 1+1) e á literalidade na repetición do material. Ademais, neste período, prodúcense moitas veces unha secuenciación de números de maior a menor, creando unha sensación de aceleración a través do fraseo. A organización de C na seguinte sonata (3+3, 2+2) ilustra estas características.
Imaxe 2_2_6c. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 533 (494): Allegro, cc. 83-98
Dentro dos períodos cadenciais mozartianos, é habitual toparnos cunha idea temática novedosa, coas características de simetría e literalidade mencionadas. A estas melodía cadencial se lle coñece como tema de conclusión.
O tema de conclusión da sonata KV 311 é un claro exemplo de simetría. A súa estrutura de 8 compases, repite de xeito literal unha frase de 4. Ademais, esta frase tamén é simétrica, xa que está dividida en dúas unidades de 2 compases cada unha.
Imaxe 2_2_6d. Tema de conclusión mozartiano
W. A. Mozart. Sonata para piano KV 311 (284c): Allegro con spirito, cc. 27-39

Ás veces, no canto da repetición literal, Mozart emprega variacións de tipo melódico-rítmico e/ou modificacións cadenciais para xerar o tema de conclusión. A pesares destas transformacións, a simetría mantense nestes casos.
O tema de conclusión da sonata KV 279 repítese pero adornando a melodía con bordaduras inferiores a distancia de 2ª menor. Ao baixo Alberti intermitente se lle aplica o mesmo principio que á melodía, e enfatizando os acordes cadenciais mediante arpexios.
Imaxe 2_2_6e. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 279 (189d): Allegro, cc. 30-35

O tema de conclusión da sonata KV 457 sufre variacións máis fondas, xa que, ademais do adorno da melodía mediante pequenos trilos e bordaduras, muda completamente nos cc. 65-66, convertindo o expresivo salto de oitava (c. 62) nunha escala descendente por tercinas. Ademais, nesta aproximación á cadencia, o baixo Alberti interrónpese con un silencio para reaparecer coma unha liña de baixo simple (cc. 66-67).
Imaxe 2_2_6f. W. A. Mozart. Sonata para piano KV 457: Molto allegro, cc. 55-67

Imaxe 2_2_7. Cadro comparativo

Actividade 1
Actividade 1. Identifica os elementos característicos indicados coas letras da seguinte exposición de W. A. Mozart. Ten en conta que cada período pode estar indicado por unha letra ou varias.
Exercicio. Responde ás seguintes preguntas acerca da exposición:
¿A transición é modulante? (Solución)
¿Hai cesura antes de B? (Solución)
¿B finaliza con un trilo na dominante? (Solución)
Exercicio. Fai un esquema formal donde se inclúan: os períodos e as frases expresados mediante números.
Solución

A= a + b
T (m)= c + d
B= e + f
C= g + h + i
Si
Non
Si
Actividade 2
Actividade 2. Reproduce o seguinte vídeo coa estrutura do primeiro movemento da 5ª Sinfonía de L. V. Beethoven, e marca a pulsación forte de cada compás, contando cada un dos números do esquema.
Actividade 3
Completa cos números o seguinte esquema formal desta sonata de Joseph Haydn:

Solución
Descarga e imprime este arquivo para realizar o exercicio
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0