3.3 Variacións harmónicas
Verdadeiramente non é posible abranguer todas a posibilidades que permite a linguaxe harmónica. Variacións modais, variacións en harmonía polar, e moitas outras linguaxes que configuran diferentes estilos musicais históricos.
Pero sen chegar a estos niveis de complexidade harmónica hai alguns procesos asequibles para as persoas cun nivel medio de harmonía:
- Cambio de modo
- Utilización das dominantes secundarias e dominantes de substitución.
- O emprego do modo mixto.
Destes tres, imos tratar somentes nesta ODE o primeiro, o cambio de modo, que aínda que sinxelo ten consecuencias harmónicas interesantes.
Maior > menor
O modo menor é un modo moito máis rico en recursos harmónicos que o maior. A este modo lle son propias funcións coma:
- A napolitana, e a sexta aumentada.
- O carácter modal que lle outorga o V grado menor e o VII rebaixado (sen funcións de dominante), as fórmulas harmónicas como o baixo de lamento, a cadencia frixia, e a secuencia harmónica ♭VI - ♭VII - i
- A ambigüidade entre o modo menor e o seu relativo maior debido a ese mesmo ♭VII grao da escala menor natural que pode interpretarse como dominante do III.
Os temas das variacións de Mozart e Beethoven están en modo maior. polo que poden usarse para esta transformación. Mozart o fai nunha ocasión, a nùmero 8, pero non só utiliza este procedemento senon que tamén a imitación, combinando varios procesos compositivos.
Nas trinta e tres variacións de Beethoven aparece en cinco delas, onde catro conforman o final da obra ( 29 á 32 inclusives), escurecendo a ledicia predominante creando un clima nun nodo final de reflexión, onde a música por primeira vez está preñada de tristura.
Para mostrar o uso da función de napolitana (do grupo da subdominante) e do acorde de sexta aumentada (do grupo da dominante) eliximos a número 29. Nesta crea unha rexión na tonalidade da napolitana reforzandoo co seu propio acorde de dominante. Como Mozart, combina varios procesos como o cambio de métrica (¾) e a utilización dun patrón rítmico motívico.

Actividade 1
Actividade 1. Transforma e canta o tema ao modo menor e tenta utilizar algún recurso específico do modo menor (napolitana, sexta aumentada…). Se o consideras necesarios podes variar a melodía para conseguir esas harmonías. Para facilitar a creación indicamos un motivo para o acompañamento.

Cando remates podes comprobar a proposta que facemos nós
Menor < Maior
Cando o tema está en modo menor o cambio de modo serve para iluminar e cambiar ou carácter da melodía. Harmónicamente perde riqueza e complexidade agás se utilice o modo mixto, combinación de recursos dos dous modos, ou escribindo unha reharmonización completa como fai Clara Schumann nesta variación.
A pesares de estar en modo maior o clima mantense escuro grazas a que:
- A primeira cadencia é unha cadencia rota sobre o vi grao (menor)
- A segunda cadencia o fai sobre a dominante do relativo menor re♯ menor (semicadencia frixia).
- A parte B está na tonalidade de re♯ menor
- A primeira frase de A’ mantén a tonalidade de re♯ menor
- Só na última frase ilumina o modo maior de Fa♯ maior.
Actividade 2
Actividade 2. Cambia e canta este tema ao modo maior. Tres hojitas madre tiene el arbolé. Reflexiona sobre como cambia o carácter da canción ao cambiar o modo.
Cando remates podes comprobar a proposta que facemos nós
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0