Saltar navegación

3.5 Outros procedementos

Existen máis procedementos compositivos que permiten crear e enriquecer as variacións. Moitos deles créanse grazas á existencia da escritura musical e imitando procesos da escritura textual. Un grupo deles están relacionados co desenvolvemento motívico, dos que salientamos:

Transposición, fragmentación e secuencias

Como podedes supoñer a transposición non é outra cousa que coller un tema e repetilo a outra altura, sexa no mesmo tono ou noutro diferente.

É xusto o que fai Beethoven no inicio da Variación VI cando primeiro introduce o tema sobre o acorde de tónica e logo repíteo sobre o de dominante.

Este sinxelo procedemento permite dar coherencia ao discurso musical pois mentres a música vai mudando mantén un nexo de unión co anterior permitindo seguirlle o fío facilmente ao discurso musical.

A fragmentación consiste en algo tan sinxelo como ir dividindo un tema en anaquiños máis pequenos que se utilizan por separado. No mesmo exemplo anterior, a variación VI de Beethoven, tamén topamos unha clara mostra.

O tema principal fragmentao en dúas partes:

o trilo...

...e as semicorcheas

Cada un dos fragmentos trátaos por separado facendo secuencias. Estas son un conxunto de transposicións en alturas sucesivas, máis altas o baixas segundo sexa ascendente ou descendente.

Tamén fai fragmentos inda máis pequenos (de durar tres pulsos pasan durar 2) producindo unha sensación de accelerando e creando un pequeno clímax.

A fragmentación e un procedemento compositivo que favorece os cambios de intensidade expresiva propias da linguaxe romántica facilitando a aparición dos clímax.

Escoita de nova esta variación prestando atención a estes procedementos

Aumentación e diminución. Retrogradación e inversión

Estas outras técnicas son propios das obras contrapuntísticas e estudiánse, sobre todo, no ensino do contrapunto imitativo.

Tamén foron moi usadas polos compositores atonais que utilizaron o procedemento do serialismo e serialismo integral (que incluía tamén aspectos, rítmicos, dinámicos e tímbricos).

A aumentación e diminución é o cambio na figuración das notas dos temas para aumentar ou diminuír a súa duración e crear unha sensación de accelerando ou ritardando ou sinxelamente polo gusto de utilizar unicamente material temático, sen engadir outros novos.

Tomemos o conocido tema de Frère Jacques:

Agora cambiemos a duración das notas aumentando:

E diminuíndo:

A retrogradación é leer a música a inversa, de diante para atrás. Isto se pode facer cun tema enteiro ou con fragmentos deste, como mostramos nestes exemplos:

Orixinal

Retrogradación completa.

Retrogradación compás a compás.

Hai exemplos maxistrais que chegan facer verdadeiros palíndromos musicais que se leen igual dun lado que doutro (A torre da derrotA; o lobo ama o bolo) como o minuetto al roverso da sinfonía nº 47 de Haydn “O palíndromo”.

Tanto o minuetto como o trio son palíndromos en si mesmos.

A inversión ou espello consiste en cambiala dirección dos intervalos (ascendente por descendente) de modo que o deseño semella o reflexo ou simetría horizontal do orixinal.

Orixinal.

Espello desde a mesma nota.

Un exemplo que combina a retrogradación máis o espello (palíndromo en espello) é o Duetto do espello para dous violíns atribuído a Mozart. Non só se lee igual nun sentido que noutro senon que está escrito en espello.

Ficheiros adxuntos

Partitura da Duetto do espello atribuído a Mozart

Actividades 1 e 2

Actividade 1. Retrograda e canta a melodia Tres hojitas madre


Cando remates podes comprobar a proposta que facemos nós

Actividade 2. Escribe e canta o espello desta mesma melodia tomando como primeiro nota a nota mi

Cando remates...

Lembra

Aínda que parece obvio tamén son procesos moi simples e efectivos os seguintes:

  • Cambios nas dinámicas, pp, p, mf, f ou ff.
  • Cambios nas agóxicas. Variar o tempo, desde os máis lentos ata os moi rápidos.
  • Cambios na tesitura, cara ao agudo ou o grave.
  • Cambios na instrumentación, orquestra completa, madeiras, metais, instrumento acompañado…

Recreando estilos ou xéneros

Tivemos ocasión de comprobar que os procedementos compositovos aparecen mesturados, cambio de compás e de tonalidade, cambios no tempo e textura.

Estas combinacións de procesos van definir o estilo das nosas obras.

Deste xeito poderiamos crear variacións en estilo barroco, galante, emfsinantstill, clásico, Chopin, Beethoven, impresionista, utillizando os elementos musicais que definen a cada un deles.

Por tanto para compor unha obra ao estilo de Chopin debemos ter claros cales son os elementos característicos do seu estilo para poder reproducilos na nosa creación.

Vou propor tres actividades finais para construir variacións en diferentes xéneros.

Actividades 3, 4 e 5

Actividade 3. Crea unha variación da nosa melodía ao estilo dunha habanera. Para isto necesitamos os seguintes materiais musicais.

  • Compás de 2/4
  • Ritmo característico de habanera no acompañamento.
  • Adaptación da melodía ao novo metro.
  • Tempo propio da habanera.

Truco: Toma de exemplo o baixo da habanera da ópera Carmen de Bizet

Cando remates podes comprobar a proposta que facemos nós

Actividade 4. Crea unha variacións ao estilo dun tango.

Os materiais necesarios son neste caso:

  • Compás de 4/4
  • Ritmo característicos de tango.
  • Modo menor
  • Uso de apoiaturas cromáticas na melodía.
  • Tempo de tango.

Cando remates...

Actividade 5. Crea unha variación no estilo dunha siciliana.

Os materiais necesarios son neste caso:

  • Compás de 6/8
  • Ritmo característicos de siciliana.
  • Modo menor
  • Tempo lento, de siciliana.

Cando remate...