Saltar la navegación

"Tu gitana"_linguaxe musical

Tu gitana_partitura.pdf

Actividade 1. Observa a partitura (arquivo .pdf) e segue a secuencia de notas mentres escoitas o audio, a partir do minuto 00´:59´´

Versión Isabel de la Puente. Tu gitana_piano (CC BY-SA)

Actividade 2: Lectura das notas. Le en alto os nomes das notas sen ritmo. Debes seguir unha pulsación tranquila pero constante.

 Actividade 3: Partitura animada: premendo nesta ligazón Tu gitana partitura musescore podes escoller a velocidade de pulsación e repetir a melodía cantas veces necesites para practicar a lectura e entonación das notas, co ritmo e afinación precisas. 

Actividade 4: De novo usando o recurso da partitura animada, preparar o canto quentando a voz. Cantar xunto co audio MuseScore traballando cunha sílaba "lo" ou "la" ou boca pechada para interiorizar a entonación e o fraseo.

Cuestións de linguaxe musical

Pregunta

Que notas están afectadas polas alteracións propias (bemoles)?

Respuestas

O sol e o mi.

O mi e o fa.

O si e o mi.

Retroalimentación

Pregunta

Cantos fa # hai? En que compás?

Respuestas

Uno. No compás 9.

Todos os fa son #.

Non hai fa #.

Retroalimentación

Pregunta

Que valor numérico ten a ligadura de unión dos compases 15-16?

Respuestas

3,5

3

4

Retroalimentación

Pregunta

Hai compás de anacrusa nesta partitura?

Respuestas

NON

SI

Retroalimentación