Saltar la navegación

John Williams

John Williams (1932) é un compositor, director de orquestra e pianista norteamericano. Cunha carreira que se expande durante seis décadas, Williams é o autor dalgunhas das bandas sonoras máis populares da historia do cine: “Tiburón”, “Jurassic Park”, “Star Wars”, “Harry Potter”, “A lista de Schindler”, “E.T. o extraterrestre”, ou  “Indiana Jones”.

 Dende 1974 colaborou co director de cine Steven Spielberg, creando a banda sonora de toda a súa filmografía, a excepción de tres películas.

O seu palmarés é apabullante: gañou 23 premios Grammy, 25 Globos de Ouro, 5 Óscars, premios da Academia de cine británica e incontables nominacións.

O seu estilo musical é romántico, propio de finais do século XIX, na liña de compositores como Tchaikovsky ou Wagner: Willams fai uso de melodías expresivas, dunha sólida orquestración e do concepto de “leitmotiv” (melodía ou fragmento musical que se asocia a un personaxe, situación ou sentimento concreto dentro da historia que se narra).