Saltar la navegación

"O inverno" - linguaxe musical

Ler as notas da partitura

Preme nesta ligazón para practicar a lectura da partitura:

 O inverno, largo, Vivaldi, melodía.

Actividade 1:  Le o nome das notas, marcando o pulso de negra, seguindo o metrónomo. Divide a partitura en catro seccións de catro compases coincidindo cos finais de frase, facilita moito a práctica da lectura, pois cada sección presenta unha rítmica similar.

 

Arquivo .pdf para descargar e imprimir.

Actividade 2: Lectura das notas. Le en alto os nomes das notas sen ritmo. Debes seguir unha pulsación tranquila pero constante.

Actividade 3: Práctica rítmica: Divididos en pequenos grupos, interpretar mediante percusión corporal o esquema rítmico da peza. Pode dividirse a partitura en frases e asignar unha frase a cada grupo. A continuación, interpretar o ritmo simultáneamente ao audio instrumental.

Reflexións sobre a linguaxe musical

Pregunta

Que duración (en pulsos de negra) presentan cada unha das catro ligaduras de unión desta partitura?

Respuestas

3

3,5

2,5

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a nota afectada pola alteración propia indicada ao principio do pentagrama?

Respuestas

Sol

La

Si

Retroalimentación

Pregunta

En que compases se anula a alteración e a nota pasa a sonar natural?

Respuestas

Compases 14 e 16

Compases 12 e 14

Compases 12 e 16

Retroalimentación