Saltar la navegación

Os instrumentos

Actividad

Violín
Wikimedia Commons. Violín.jpg (Dominio público)



O violín

Dentro da orquestra, o violín posúe o rexistro máis agudo na familia de corda fretada, conformada por aqueles instrumentos nos que as cordas soan ao seren fretadas cun arco - aínda que tamén poden tocarse doutros xeitos, como pizzicatto, pinzando as cordas.

 Todo o corpo do violín é de madeira, salvo as cordas, que na actualidade son metálicas.

Os arcos se constrúen con crins de cola de cabalo.

Dentro deste grupo están: 

  • O violín
  • A viola
  • O violoncello
  • O contrabaixo

O violín é o máis pequeno dos instrumentos desta familia, polo que pode obter as notas máis agudas. 
Tén catro cordas que, ao seren pisadas cos dedos en diferentes puntos, poden producir máis de cincuenta notas, todas no rexistro medio e agudo .

Na orquestra os violíns sitúanse na sección máis dianteira e normalmente á esquerda do director, aínda que nalgunhas orquestras sitúanse á dereita del.

Os violíns máis valiosos polo seu son son os Stradivarius, construídos en Italia fai máis de 300 anos.

Preme na seguinte ligazón para escoitar o timbre do violín, nas mans dun dos máis grandes intérpretes da actualidade.

Violín e orquestra de corda- O verán, (Presto), Vivaldi

Clavicémbalo
Wikimedia Commons. Clavicémbalo.jpg (Dominio público)



O clavicémbalo

 O clavicémbalo é un instrumento de cordas beliscadas accionado por teclado. Pese a súa aparente semellanza co piano, os dous instrumentos son completamente distintos, xa que as cordas do piano non son beliscadas, senón percutidas. No clavicémbalo, en troques, son beliscadas por plectos accionados con listas de madeira que comunican coa tecla. O belisco pode ter lugar en distintos puntos da corda para obter diferentes timbres. Inventado no século XIV, o clavicémbalo fíxose famoso en Italia en 1400. 

 Non forma parte da orquestra na actualidade, senón que cíñese ao ámbito da música antiga, facendo o importante papel de acompañamento rítmico e harmónico (con acordes) nos concertos da época barroca, como os de Vivaldi.

Escoitamos o clavicémbalo premendo nesta ligazón a YouTube (a partir de 00´29´´)

Clavicémbalo solo - J.S. Bach