O piano é un instrumento de corda percutida inventado polo italiano Bartolomeo Cristofori arredor do ano 1700.
O piano é un instrumento moi sofisticado: as cordas están tensadas suxeitas a unha armazón metálica, que se sitúa no interior dunha gran caixa de resonancia de madeira. Posúe un teclado con 88 teclas, que, ao seren pulsadas, accionan uns martelos que percuten as cordas, facéndoo sonar. Cando a tecla regresa á súa posición inicial, un apagador (un pequeno dispositivo de fieltro) cae sobre a corda anulando a vibración e o son.
A palabra piano é unha abreviatura de pianoforte, termo italiano que significa “suave e forte”, e fai referencia ás variacións en volume que resultan do modo en que o pianista presione as teclas: canto máis suave toque, máis piano sonará; e viceversa, canto más forte sexa o ataque, sonará máis intensamente, máis forte.
Posúe tres pedais, sendo o dereito o máis utilizado, pois mantén os apagadores inactivos permitindo a mestura de notas (para acordes ou outros efectos), aínda que as teclas fosen soltadas.
O piano úsase para compoñer, para acompañar, e posúe un amplio repertorio, tanto solista como en agrupacións, tendo presencia en múltiples estilos musicais.