O termo orquestra procede do grego, orchestra, nome que se usaba para referirse a área que está diante do escenario nos antigos teatros gregos, reservada para o coro.
Unha orquestra é unha agrupación instrumental típica da música clásica, que mestura instrumentos de tres diferentes familias: corda fretada, vento (madeira e metal) e percusión, agrupados en seccións. Outros instrumentos que interveñen de xeito illado son o piano, o arpa, a celesta e na actualidade, os instrumentos electrónicos.
A orquestra sinfónica actual consta dun número que oscila entre 70 e 100 instrumentistas, dependendo da obra a interpretar, contando con instrumentos das tres seccións instrumentais antes citadas. Outros tipos de orquestra son a orquestra de cámara ( con 50 instrumentistas ou menos), a orquestra de corda (únicamente formada por instrumentos esta familia) ou a orquestra barroca, que inclúe un clavicémbalo e non tén director.
E cal é o papel do director? Alguén ten que concebir a obra como un todo, escoitar e obter un resultado óptimo: o director - mediante movementos de brazos e máns e coa batuta - leva o tempo e dá forma ao conxunto da obra, decide que intensidade e velocidade tendrá cada pasaxe e cada sección instrumental, e cal será o resultado sonoro do conxunto. O director tamén prepara aos músicos nos ensaios previos ao concerto, onde lles da instruccións sobre cómo interpretar a obra.