A música folk
A música folk é un xénero nacido nos anos 50 en Estados Unidos que parte da música tradicional (anónima e polo xeral transmitida oralmente) recreándoa.
Os artistas folk recurren a instrumentos tradicionais típicos de cada rexión e frecuentemente inclúen instrumentos actuais ou procedentes da música clásica para elaborar os seus arranxos e versións das pezas tradicionais.
As pezas poden ser temas musicais folklóricos preexistentes, arranxados ou versionados ou ben ser temas orixinais, creacións propias.
Luar na Lubre
É un grupo actual de música folk nacido en 1986 en A Coruña. A súa música está baseada no folklore de Galicia e das rexións europeas consideradas “celtas”. Entre os instrumentos que empregan están a gaita, o acordeón, as frautas e whistles, o violín, a guitarra acústica, o bouzouki, ou o bodhrán.
O tema “Tu gitana”
A canción “Tu gitana” non é una composición do grupo “Luar na lubre”, aínda que os arranxos e a interpretación sí son obra deles. Quen é o autor?
Sendo un grupo folk, podiamos pensar que é unha peza tradicional galega. Pero no é así.
A letra é moi antiga. Foi atopada nun cancioneiro portugués datado no século XVI. Tén forma de vilancico e o autor é anónimo. É renacentista. Pero non tiña a música escrita, no cancioneiro só se atopou o texto, sen notas musicais.
O autor da melodía foi un célebre cantautor portugués, coñecido como Zeca Afonso (1929-1987), quen se inspirou na versión musical do texto “Tu gitana” que circulaba por cancioneiros populares.