Saltar la navegación

Os concertos de Vivaldi

Retrato de Vivaldi
Wikimedia Commons. Vivaldi.jpg (Dominio público)



Antonio Vivaldi (1678-1741) foi coñecido como il prete rosso pola cor dos seus cabelos e pola súa vocación sacerdotal. Foi director do coro e da orquestra dun orfanato feminino en Venecia, e, como excelente intérprete do violín, soubo aproveitar e desenvolver as capacidades técnicas e expresivas dos instrumentos da familia de corda fretada, para a que compuxo centos de obras.

Dentro do seu extenso catálogo compositivo cómpre destacar as composicións instrumentais chamadas "concerto". Estas obras  constan de tres movementos ou partes, contrastantes en velocidade (rápido- lento- rápido). Dentro deste grupo, nos "concertos a solo", sobresae un instrumento  protagonista (o solista) que toca as melodías máis difíciles e brillantes, acompañado por instrumentos de corda fretada e clavicémbalo.

Os catro concertos "As catro estacións" , compostos no ano 1721, son os máis coñecidos deste compositor, e cóntanse entre as páxinas máis populares da historia da música. Deles, o máis célebre é o primeiro: "A Primavera".  Escoita o primeiro movemento, Allegro, e comproba cómo Vivaldi, mediante a música, logra describir escenas primaverais como: murmurio das fontes, cantos dos paxaros ou tormentas: Youtube: Vivaldi: A primavera - Allegro

Actividade1 : Debuxa ou escribe un texto (narrativo ou poético) que represente as escenas primaverais que te suxira a música.

No cuarto concerto, "O inverno", a música semella os efectos do vento xélido, combinado con notas repetidas que imitan o tremor que se sinte ante o frío. Pero no segundo movemento deste concerto, largo, a paz e a quietude que transmite a melodía do violín reflicten outras sensacións; dentro da casa, ao carón da lareira, a chuvia soa dende fóra delicadamente, mentres a ledicia e a serenidade florecen dentro do fogar. Youtube: Vivaldi. O inverno, Largo.

Actividade2 : Debuxa ou escribe un texto (narrativo ou poético) que represente a imaxe que te suxire este movemento de "O inverno".

Le a información sobre Vivaldi e completa o seguinte texto:

Lea el párrafo que aparece abajo y complete las palabras que faltan.

Os concertos de Vivaldi son obras instrumentais en movimientos o partes, contrastantes en velocidade. Nos concertos a solo, un instrumento solista interpreta as pasaxes principais e máis virtuosas acompañado pola orquestra de corda e o .

 Vivaldi foi un gran intérprete de , e para este instrumento escribiu maravillosas páxinas, como os concertos "As catro estacións". Nesta colección de concertos  Vivaldi coa música as paisaxes naturais e as sensacións que espertan nos homes a primavera, o verán, o outono e o inverno.

 

Habilitar JavaScript

Completa a ficha de audición

Escoita YouTube 2º movemento, largo, O inverno, Vivaldi

e completa a ficha de audición.

  • Título: 
  • Obra:
  • Ano de composición:
  • Nome do autor:
  • Estilo musical:
  • Xénero:
  • Instrumentos utilizados:

Habilitar JavaScript